Saltar ao contido

Georg Leisner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorg Leisner
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Kiel, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte20 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Stuttgart, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sudoeste Africano Alemão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarqueólogo, prehistoriador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Arqueolóxico Alemán
Frobenius Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
19268. German Innerafrican Research Expedition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1218294

Georg Leisner, nado o 2 de setembro de 1870 en Kiel e finado o 20 de setembro de 1957 en Stuttgart, foi un arqueólogo alemán especializado nos monumentos megalíticos da Península Ibérica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A infancia e o servizo militar

[editar | editar a fonte]

O seu pai, Leonhard Leisner (1846-1905) era un comerciante descendente dunha familia asentada no distrito de Eckernförde desde o século XVII. A súa nai, Elise, nada en Thede (1834-1913), procedía dunha antiga familia de mestres artesáns de Kiel. Georg Leisner pasou a súa infancia en Kiel, onde en 1891 concluíu os estudos preuniversitarios. Recibira unha educación anti-prusiana e ingresou, aínda o mesmo ano, no exército bávaro.[1] Os anos de 1900 e 1901 participou nas campañas que seguiron á guerra dos bóxers, na China e, de 1904 até 1905, na guerra contra os Herero no suroeste da África. Á idade de 39 anos, en 2 de setembro de 1909, casou con Amanda Vera de la Camp (1885-1972), quince anos máis nova. Georg pasou toda a primeira guerra mundial na fronte como oficial do exército, e Vera como enfermeira nun hospital militar. Concluída a guerra, en 1918, deixou o exército e comezou unha nova vida, xunto coa súa esposa. Adquiriron unha pequena facenda na aldea bávara de Höhenberg, proxecto que abandonaron, no entanto, despois dunha estadía de varios meses en Italia. Ambos desenvolveran, aparentemente, un grande interese pola arqueoloxía. Georg Leisner foi colaborador do Instituto Frobenius de Morfoloxía de Culturas (Kulturmorphologie) da Universidade de Frankfurt entre 1924 e 1928, e tomou parte na expedición de Leo Frobenius á Nubia.

Formación académica

[editar | editar a fonte]

De volta na Baviera, Georg e Vera Leisner encontraron Hugo Obermaier, profesor da prehistoria na Universidade Complutense de Madrid, quen lles suxeriu estudar prehistoria. Georg matriculouse axiña na Universidade de Múnic, en 1927. No entanto, Vera aínda tiña que completar os estudos secundarios. Un ano máis tarde mudaron para a Universidade de Marburgo, onde se tiña creado a primeira cátedra alemá de arqueoloxía prehistórica (1928). En 1932, Georg leu a tese doutoral, so a dirección de Gero von Merhart, sobre os túmulos megalíticos de Galiza. Para o rexistro de material viaxaron en 1929 e 1930, durante sete meses, pola Península Ibérica, incluíndo o Algarve, onde visitaron Alcalar, e foi aí onde xurdiu a idea de compor un corpus dos túmulos megalíticos da Península Ibérica.

Os túmulos megalíticos da Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

Sen o apoio financeiro do lado oficial, Georg e Vera Leisner viaxaron, até 1934, tres veces no Sur da Península Ibérica, para o Oriente e para o Occidente de Andalucía e Portugal, onde comezaron, no traballo de campo e nos museos, co rexistro sistemático dos túmulos megalíticos. No proceso tamén encontraron os máis importantes especialistas contemporáneos no Neolítico e na Idade do Cobre da Península Ibérica. Debido á eclosión da guerra civil española, tiveron que volver para a Alemaña, onde elaboraron o primeiro volume, "Der Süden", do corpus proxectado "Die Megalithgräber der Iberischen Halbinsel", e o publicaron en 1943. Ese ano recibiron un apartamento en Múnic, que aínda o mesmo ano foi albo das bombas da segunda guerra mundial. No proceso, arderon moitos rexistros e importante material de pescuda. Despois de varias tentativas para obter un visto de saída, finalmente obtiveron éxito en 1943, e así continuaron o seu traballo en Portugal. A perda do apartamento de Múnic impulsou-nos para ficar en Lisboa a longo prazo. Seguiu unha época marcada de dificultades financeiras, en que viviron principalmente de contratos de pescuda de compañeiros portugueses, en especial coa axuda de G. Cordeiro Ramos, o presidente na altura do Instituto de Alta Cultura, Ministerio de Educación Nacional. Temporalmente, tamén tiveron unha bolsa de estudos da empresa Siemens.[2] Como se mostra na súa lista de referencias, no entanto, eses anos foron moi produtivos, no que á pescuda dos túmulos megalíticos di respecto. Como resultado da reinauguración do Departamento de Madrid do Instituto Arqueolóxico Alemán, despois da guerra, en 3 de marzo de 1954, as pescudas da parella Leisner foron promovidas de modo renovado, pola Sociedade Alemá de Amparo á Pescuda. George Leisner asistiu en 1956 á publicación, na recentemente creada serie de Madrider Forschungen, do primeiro dos catro volumes proxectados do corpus dos túmulos megalíticos no Occidente da Península Ibérica. O segundo volume, onde aínda traballaba, apareceu só en 1959, cerca de dous anos tras a súa morte. Faleceu en 20 de setembro de 1957, en Stuttgart.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Georg Leisner: Verbreitung und Typologie der galizisch-nordportugiesischen Megalithgräber. Marburg 1938. (Disertación, Marburgo, 1932, Reimpresión, Lisboa, 1977).
  • Georg Leisner: Antas dos Arredores de Évora. Estudos de História, Arte e Arqueologia III Edições Nazareth, Évora, 1949.
  • Georg Leisner, Vera Leisner: Die Megalithgräber der Iberischen Halbinsel. Der Süden. Römisch-Germanische Forschungen Volume 17. Editora de Walter de Gruyter & co., Berlín, 1943.
  • Georg Leisner, Vera Leisner: Die Megalithgräber der Iberischen Halbinsel. Der Westen. Madrider Forschungen Volume 1, 1. entrega. Walter de Gruyter & co., Berlín, 1956.
  • Georg Leisner, Vera Leisner: Die Megalithgräber der Iberischen Halbinsel. Der Westen. Madrider Forschungen Volume 1, 2. entrega. Walter de Gruyter & co., Berlín, 1959.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Comunicación persoal de Vera Leisner a Hermanfrid Schubart, na década de 1970.
  2. Hermanfrid Schubart: En: Probleme der Megalithgräberforschung. Madrider Forschungen Volume 16. Berlín, Nova York 1990. p. 1-2, e informacións anotadas por Terese de la Camp, irmá de Vera Leisner.