Saltar ao contido

George Eastman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Eastman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1854 Editar o valor en Wikidata
Waterville, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Rochester, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEastman Business Park (en) Traducir 43°11′52″N 77°37′43″O / 43.197806, -77.628589 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGeorge Eastman Museum (en) Traducir (1905–1932) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, filántropo, fotógrafo, inventor, mecenas Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1881 Editar o valor en Wikidata - 1932 Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge Eastman Editar o valor en Wikidata  e Maria Kilbourn Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Eastman, George, 1854-1932,
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1412930 WikiTree: Eastman-342 Find a Grave: 2184 Editar o valor en Wikidata

George Eastman, nado en Waterville (Nova York) o 12 de xullo de 1854 e finado en Rochester o 14 de marzo de 1932, foi un inventor e empresario estadounidense, o fundador da Eastman Kodak Company e inventor do rolo de película, que substituíu a placa de cristal, co cal conseguiu poñer a fotografía a disposición das masas. O rolo de película sería tamén algo básico para a invención do cinema, xa que o seu uso se atopaba nas creacións dos pioneiros do cine como Thomas Edison, os Irmáns Lumière e Georges Méliès.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 4 de setembro de 1888 Eastman rexistrou a marca Kodak e recibiu unha patente para a súa cámara que usaba o rolo de película. Ese mesmo ano lanza ao mercado a cámara Kodak 100 Vista, que utilizaba carretes de 100 fotos circulares e para cuxa campaña de promoción acuñou a frase «Vostede aperta o botón, nós facemos o resto». O máis importante é que a partir deste momento xa non se requirían grandes coñecementos en fotografía ou na utilización de produtos químicos.

Esta cámara vendíase xa cargada e lista para realizar as fotos. Unha vez usada, devolvíase á casa que extraía o carrete, revelaba as fotos e devolvíaas xunto á cámara xa cargada. Os prezos eran moi económicos, uns 25 $ a cámara cargada e o carrete cargado e 10 $ o revelado. Isto supuxo que o uso da fotografía se puido estender a toda a poboación, é xa que logo o momento da popularización da fotografía.

Xa no ano 1889 Eastman mudou o carrete de papel por un de celuloide e uns anos máis tarde eliminou a incomodidade de ter que devolver a cámara enteira, ao comezar a comercialización dun carrete protexido que permite a súa colocación e extracción á luz do día. Foi nestes anos cando xurdiu a fotografía de afeccionado.

Eastman, de carácter complexo, fíxose multimillonario grazas ás súas innovacións, investindo grandes sumas de diñeiro en diferentes obras benéficas. Con todo, a súa inestabilidade psíquica levouno ao suicidio. Deixou unha nota na que poñía:

Os meus amigos e mais o meu traballo están feitos, por que esperar?