George Everest
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1790 Crickhowell (Reino de Gran Bretaña) |
Morte | 1 de decembro de 1866 (76 anos) Westminster (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) |
Lugar de sepultura | St Andrew's Church, Church Road, Hove (en) |
Residencia | Crickhowell |
Educación | Royal Military Academy, Woolwich (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía, xeodesia e Cartografía |
Ocupación | explorador, agrimensor, xeógrafo, geodesista (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Familia | |
Irmáns | Thomas Roupell Everest |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica Dictionary of National Biography |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Everest (homónimos).
George Everest, nado o 4 de xullo de 1790 e finado o 1 de decembro de 1866, foi un xeógrafo e topógrafo galés, responsábel xeral da topografía da India dende o ano 1830 até 1843, concretamente de completar o estudo topográfico da sección trigonométrica ao longo do arco meridiano desde o sur da India estendéndose ao norte até Nepal, unha distancia aproximada de 2.400 quilómetros. O traballo comezárao William Lambton en 1802 e foi finalizado case a finais do século XIX.