George Ogden Abell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1927 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de outubro de 1983 (56 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | Instituto Tecnolóxico de California Escola Secundaria de Van Nuys |
Actividade | |
Campo de traballo | Astrofísica e astronomía |
Ocupación | astrónomo, catedrático |
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles |
Obra | |
Doutorando | Ed Krupp (pt) |
Premios | |
George Ogden Abell, nado o 1 de marzo de 1927 e finado o 7 de outubro de 1983, foi un astrónomo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto Tecnolóxico de California, comezou a súa carreira astronómica como observador na Palomar Sky Survey[1]. A súa obra máis coñecida é o seu catálogo de cúmulos de galaxias, realizado a partir do Palomar Sky Survey. Abell analizou a súa formación e evolución, demostrou a existencia de cúmulos de segunda orde, rexeitando o modelo xerárquico de Carl Charlier e foi o punto de partida para o estudo detallado deses obxectos [2]. Abell tamén descubriu que a luminosidade dos cúmulos se podía utilizar como indicador de distancia.
O catálogo Abell, publicado por Abell en 1.958, recollía os cúmulos do Hemisferio Norte, 2.712 en total. Un catálogo máis completo realizouno en colaboración con Harold G. Corwin e Ronald P. Olowin, aínda que non se publicou ata 1.989, despois da súa morte.
Abell tamén foi o codescubridor, xunto a Robert G. Harrington, do cometa periódico 52P/Harrington-Abell. En colaboración con Peter Goldreich, determinou correctamente que as nebulosas planetarias proviñan de xigantes vermellas.
Abell serviu durante vinte anos como membro do Summer Science Program para estudantes de secundaria e participou na produción das series educativas de televisión Understanding Space and Time e Project Universe. Foi presidente da comisión de cosmoloxía da Unión Astronómica Internacional e da Sociedade Astronómica do Pacífico, e director do departamento de astronomía da UCLA (1.968-1.975) e do comité de educación da American Astronomical Society.
Obra
[editar | editar a fonte]- Abell, George, "Exploration of the Universe", Holt, Rinehart and Winston (1964)
- Abell, G.O., Morrison, D. e Wolff, S.C., Exploration of the Universe, Saunders College Pub; 6th/Rev edition (febreiro, 1993) ISBN 0-03-094666-2
- Abell, G.O., Wolff, S.C. e Morrison, D., Realm of the Universe, Saunders College Publishing; 5th ed., 1994 edition (xaneiro de 1994) ISBN 0-03-001664-9
- Abell, G.O., Singer, B., Science and the Paranormal: Probing the Existence of the Supernatural, Scribner Book Company; (1981)) ISBN 0-684-17820-6
- Abell, G.O., A catalog of rich clusters of galaxies, American Astronomical Society (1989) ASIN B000726Y06