Georgi Keçaari
Aparencia
Nome orixinal | (az) Georgi Avetisoviç Keçaari |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xullo de 1930 Nij, Acerbaixán (en) |
Morte | 8 de setembro de 2006 (76 anos) Nij, Acerbaixán (en) |
Lugar de sepultura | Nij (en) |
Educación | Universidade Estatal de Bakú (–1952) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía |
Ocupación | filólogo, Seraphic Doctor (en) , tradutor, escritor, figura pública |
Georgi Avetisoviç Keçaari (en azarí Georgi Avetisoviç Keçari), nado en Nic en 1930, e finado na súa localidade natal en 2006, foi un escritor acerbaixano en udi e azarí.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Especializouse en estudos orientais na Universidade Estatal de Bakú. Tras graduarse volveu á súa localidade natal como mestre da escola. Durante moito tempo foi o responsable da sociedade cultural e educativa udi, Orayin.
Obra
[editar | editar a fonte]Autor de varios libros e artigos sobre a lingua udi, é o pai da literatura moderna en udi logo dun tímido espertar na década de 1930[1], e mais é un dos creadores do novo alfabeto udi de base latina. Tamén axudou a establecer o programa de udi para a a escola primaria e a realización de textos para os alumnos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Nana ochal[2](1996), colección de traducións de traballos de diversos autores sobre a lingua udi
- Orayin[3] (2001), colección de textos do folclore udi (contos, lendas, proverbios, brincadeiras) e obras de diversos autores.
- Buruxmux[4] (2001) escolma de máis de 150 autores da literatura azarí traducidos ao udi e obra orixinal udi de Kechaari
- Ocaq başında rəqs(2002), colección de folclore udi (2002, en azarí)
- Udinlərdə ənənəvi toy mərasimləri, traballo etnográfico sobre as vodas udi (2003, en azarí)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wolfgang Schulze "Vier neuere udische Texte" Georgica - Zeitschrift für Kultur, Sprache und Geschichte Georgiens und Kaukasiens Herausgeber, nº 32 (2009)
- ↑ Кечаари Жора, «Нана очъал». Шеирхо, гьекйаьтхо. Баьку, 1996. (Кечаари Жора «Нана очал», Баку, 1996)
- ↑ Keçaari Ҝeorgi «Orayin», Bakı, 2001. (Кечаари Г. А. «Орайин», Баку, 2001)
- ↑ Keçaari Ҝeorgi «Buruxmux», Gәncә, 2003. (Кечаари Г. А. «Бурухмух»,Гянджа,2003)