Georgina Mello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1953 ![]() Mindelo, Cabo Verde ![]() |
Educación | Universidade de Cabo Verde (pt) ![]() Instituto Superior de Economia e Gestão da Universidade de Lisboa (pt) ![]() Universidade de Pittsburgh ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora (2014–), economista ![]() |
Georgina Maria Augusta Benrós de Mello, coñecida como Georgina Mello, nada en Mindelo o 1 de decembro de 1953 e finada en 2023,[1] foi unha economista caboverdiana, directora xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), de 2014 a 2020.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os seus estudos primarios e secundarios en Paul, na illa de Santo Antão e estudou economía no Instituto Superior de Economia e Gestão, en Lisboa. Despois de graduarse, formouse no Center for Administrative Training and Improvement da Universidade de Cabo Verde, con especialización na School of Public and International Affairs da Universidade de Pittsburgh, en Pensilvania. Realizou un mestrado en Patrimonio, Turismo e Desenvolvemento no Departamento de Ciencias Sociais e Humanas, coa tese "Museo Virtual de Paisagens de Cabo Verde – Por um modelo alternativo de turismo".[2]
Após rematar os seus estudos, traballou como economista tanto en Cabo Verde como en Timor-Leste. Desempeñou diversos papeis, no sector público e privado, en Cabo Verde. En Timor-Leste, liderou o proceso de creación da axencia de promoción de investimentos e exportacións, sendo a súa primeira directora executiva.[2]
En febreiro de 2014 converteuse en directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), despois de suceder a Hélder Vaz Lopes, de Guinea-Bissau, e ocupou o cargo até 2020.[1][3]
Distincións
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Faleceu a economista e antiga directora-geral da CPLP Georgina Benrós de Mello" (en portugués). Consultado o 2024-11-08.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Diretora geral". CPLP; cplp.org. 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ Lusa (3 de fevereiro de 2014). "Nova directora-geral assume sustentabilidade da CPLP como principal desafio". Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Georgina de Mello agraciada com Prémio Femina 2015 que distingue mulheres portuguesas e da lusofonia". 9 de novembro de 2015.
- ↑ "Prémio Femina 2015 :: Premio-Femina" (en portugués). 2023-03-18. Consultado o 2024-11-08.
- ↑ "Prémio Especial do Júri".