Saltar ao contido

Gerardo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGerardo Iglesias

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Gerardo Iglesias Argüelles Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
La Cerezal, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Coordinador xeral de Esquerda Unida
1986 – 1989 – Julio Anguita →
Secretario xeral do Partido Comunista de España
10 de decembro de 1982 – 21 de febreiro de 1988
← Santiago Carrillo SolaresJulio Anguita → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsindicalista, político, mineiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España
Izquierda Unida Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX958331

Gerardo Iglesias Argüelles, nado en La Cerezal (Mieres, Asturias) o 29 de xuño de 1940, é un político español, actualmente retirado.

De familia antifranquista comprometida, durante os anos 1950, sendo aínda un cativo, tivo que asistir a como a Garda civil torturaba o seu pai por apoiar os maquis.

Vida política

[editar | editar a fonte]

Afiliouse á Xuventude Comunista con apenas 16 anos, en 1961, pasando logo a militar no Partido Comunista de España (PCE), colaborou coa formación das Comisións Obreiras, polo que sería encarcerado en varias ocasións durante o réxime franquista.

A primeira destas detencións tivo lugar no 1962 co gallo da gran folga mineira en Asturias. Ao ano seguinte, sería elixido membro do Comité Central do PCE de Asturias

No 1966 xunto con outros membros de CCOO foi detido e condenado a 4 anos e 6 meses de cárcere. No 1973 foi elixido membro do Comité Federal do PCE, e posteriormente foi detido novamente, pasando un ano no cárcere.

Na Asemblea Xeral de Barcelona, no 1976 resultou elixido secretario xeral de CCOO en Asturias. Dous anos despois, na III Conferencia Rexional, foi elixido secretario xeral do PCA. Foi reelixido membro do Comité Federal do PCE no IX Congreso, pasando a formar parte do Comité Executivo do dito partido.

Ao longo dos anos 80, produciuse no seo do PCE o enfrontamento entre os sectores eurocomunistas, liderado polo secretario xeral Santiago Carrillo, e o sector renovador, ao que pertencían entre outros Gerardo Iglesias e Dolores Ibárruri. Como resultado deste enfrontamento, Santiago Carrillo dimitiu en novembro do 1982, sucendéndoo no cargo Gerardo Iglesias, representando así o fracaso da liña eurocomunista que culminaría coa expulsión de Santiago Carrillo no 1985.

Como secretario xeral do PCE, promoveu, a partir da plataforma anti-OTAN, a creación de Izquierda Unida no 1986, da que foi primeiro Coordinador Xeral. Nas eleccións xerais dese ano foi candidato á presidencia do goberno, sendo elixido deputado por Madrid.

No XII Congreso do PCE (1988), renunciou á secretaría xeral, sucedéndoo no cargo Julio Anguita. Tras isto, retirouse completamente da vida política para volver a traballar na conca mineira asturiana.

En setembro de 2011 Gerardo Iglesias publicou o seu primeiro libro, Por qué estorba la memoria, editado por Madera Noruega Editores. Nel, Iglesias realiza un percorrido pola historia dos maquis en Asturias durante a Guerra Civil e ata que morre o derradeiro dos guerrilleiros acosado no monte. Son 22 relatos reais e desgarradores sobre os maquis asturianos e as súas familias e unha alegación contra o esquecemento no que non faltan críticas aos dirixentes do PCE, entón no exilio, nin aos políticos actuais.


Predecesor:
Santiago Carrillo
 
Secretario Xeral do PCE
 
1982 - 1988
Sucesor:
Julio Anguita
Predecesor:
Fundación de IU
 Coordinador Xeral de IU 
1986 - 1988
Sucesor:
Julio Anguita
  • Por qué estorba la memoria (2011)