Gerda Taro
![]() Gerda Taro en España, xullo de 1937 (fotografía de Guillermo Zúñiga). | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Gerta Pohorylle 1 de agosto de 1910 ![]() |
Morte | 26 de xullo de 1937 (26 anos)![]() |
Causa da morte | morte accidental, tiro ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 97 48°51′35″N 2°23′58″L / 48.859758, 2.399561 ![]() |
Outros nomes | Gerda Taro ![]() |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Periodismo fotográfico ![]() |
Lugar de traballo | París España Barcelona ![]() |
Ocupación | Fotografía |
Período de actividade | 1935 ![]() ![]() |
Empregador | Alliance-Photo (en) ![]() Magnum Photos ![]() |
Movemento | Fotografia de guerra (pt) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parella | Ernest Andrei Friedman Robert Capa ![]() |
Pais | Heinrich Pohorylle ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Wegbereiterinnen (en) ![]() A World History of Women Photographers ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Gerda Taro, pseudónimo de Gerta Pohorylle, nada en Stuttgart (no Imperio Alemán) o 1 de agosto de 1910 e finada no Escorial (España) o 26 de xullo de 1937, foi unha pioneira xornalista gráfica de guerra. Fotografou xunto con Ernest Andrei Friedman baixo o pseudónimo Robert Capa, sendo difícil saber que fotos son de cada un. É considerada a primeira fotoxornalista muller que cubriu unha fronte de guerra e a primeira en falecer ao facelo.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Gerda Taro chamábase en realidade Gerta Pohorylle, e era filla de xudeus polacos. A pesar das súas orixes burguesas, desde moi nova entrou a formar parte de movementos socialistas e obreiros. Por iso coa chegada dos nazis ao poder, e tras sufrir unha detención, decidiu fuxir cunha amiga a París.
En París coñeceu por casualidade a Ernest Andrei Friedman, un xudeu húngaro que tentaba gañar a vida como fotógrafo. Gerda e Andrei fixéronse noivos e Andrei ensinoulle a Gerda os seus coñecementos de fotografía.
Como non lles ían ben as cousas e non recibían traballo, ocorréuselles unha curiosa idea. Inventarían un personaxe chamado Robert Capa, que supostamente era un reputado fotógrafo chegado dos Estados Unidos para traballar en Europa. Como é tan famoso, vende as súas fotos a través dos seus representantes: Friedman e Pohorylle, ao triplo do prezo que un fotógrafo francés. Este truco funciona perfectamente e ao pouco tempo reciben moreas de encargos e por fin gañan diñeiro.
Guerra Civil Española
[editar | editar a fonte]
En 1936 dá comezo a Guerra Civil Española, que marcaría decisivamente a ambos. Trasládanse a España para cubrir o conflito. Foron testemuñas de diferentes episodios da guerra, e realizaban reportaxes que logo eran publicados en revistas como Regards ou Vu.
Ao principio a marca «Capa» era utilizada indistintamente por ambos os fotógrafos. Logo produciuse certo distanciamento entre eles e Andrei Friedman quedou co nome de «Robert Capa». Pouco antes de morrer ela comezaría a empregar a sinatura de «Photo Taro».[2]
Do traballo de Gerda en solitario a súa reportaxe máis importante foi a da primeira fase da batalla de Brunete. Gerda foi testemuña do triunfo republicano nesta primeira fase da batalla. Esta reportaxe foi publicada en Regards o 22 de xullo de 1937 e deulle a Gerda un gran prestixio.

Porén pouco despois as tropas franquistas iniciarían un contraataque, e Gerda decidiu volver á fronte de batalla en Brunete. Alí foi testemuña dos bombardeos da aviación do bando sublevado, e realizou moitas fotografías, poñendo en perigo a súa vida. Aquela batalla finalizou en derrota para o bando republicano.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Gerda Taro perdeu a vida nun accidente durante o repregamento do exército republicano. Gerda subiu ao estribo do coche do xeneral Walter (membro das Brigadas Internacionais). Nun momento dado, uns avións inimigos voando a baixa altura fixeron que estalase o pánico no convoi e Gerda caeu ao chan, tras unha pequena elevación do terreo. Nese momento un tanque republicano entrou marcha atrás ao camiño saltando a elevación tras a que se atopaba Taro e caeu sobre ela.
A eiruga do tanque destripouna, polo que foi trasladada urxentemente ao hospital inglés de El Goloso do Escorial. Alí morreu poucas horas despois, na madrugada do 26 de xullo de 1937, seis días antes de cumprir 27 anos. O seu corpo foi trasladado a París, onde recibiu todos os honores como unha heroína republicana. Os seus restos están enterrados na división 97 do Cemiterio do Père-Lachaise,[3] en París.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García, M. (2014, xaneiro 5). Robert Capa, reportero de guerra. La Jornada, suplemento cultural dominical "La Jornada Semanal", núm. 983, pp. 8-10. (Consultado o 5 de xaneiro de 2014) (en castelán)
- ↑ Arroyo Jiménez & Doménech Fabregat 2015, p. 121.
- ↑ "Gerda Taro". FIndagrave.com (en inglés). 21 de xuño de 2006. Consultado o 6 de marzo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gerda Taro ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Olmeda, Fernando (2007). Gerda Taro, fotógrafa de guerra: el periodismo como testigo de la historia. Barcelona: Editorial Debate. ISBN 978-84-8306-702-4. (en castelán)
- Fortes, Susana (2009). Esperando a Robert Capa. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-08725-0. (en castelán)
- Arroyo Jiménez, Lorna; Doménech Fabregat, Hugo (2015). "Gerda Taro y los orígenes del fotoperiodismo moderno en la Guerra Civil española". FOTOCINEMA. Revista científica de cine y fotografía (10). ISSN 2172-0150. Archived from the original on 01 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de maio de 2017. (en castelán)
- Janeczek, Helena. "La chica de la Leica". Tusquets. (en castelán)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Muchacho en uniforme». Gerda Taro, The New York Times.