Germán Doval García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1906 Carral, España |
Morte | 5 de decembro de 1962 (56 anos) Carral, España |
Alcalde de Ordes | |
1936 – 1936 (destitución) ← Antonio Concheiro Iglesias – Arturo Pérez Loureiro → | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Germán M. Doval García, nado en Carral o 27 de xuño de 1906[1] e finado no mesmo concello o 5 de decembro de 1962,[2] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Remata Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1927.[3] Mestre substituto en Beba (Mazaricos) en 1927.[4] Mestre do Canedo (en Ardemil, Ordes) dende 1933. Militante de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído polos golpistas o 14 de setembro de 1936. Fuxiu e permaneceu agochado até 1945. Xulgado en Compostela por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua, e despois indultado. Foi nomeado mestre de Visantoña en marzo de 1962.[5]
Predecesor: Antonio Concheiro Iglesias |
Alcalde de Ordes 1936 |
Sucesor: Arturo Pérez Loureiro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción Castelo Fuentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 41.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-12-1962, p. 4.
- ↑ El Eco de Santiago, 14-12-1927, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-11-1927, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-3-1962, p. 14.