German Titov
German Stepanovich Titov, nado en Verhnee Zhilino (Krai de Altai, Rusia), o 11 de setembro de 1935 e finado o 20 de setembro de 2000, foi un cosmonauta soviético e segunda persoa en orbitar a Terra na misión Vostok 2.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Titov completou o seu adestramento militar en 1957, servindo na Forza Aérea da Unión Soviética como piloto na Segunda Rexión de Aviación de Leningrado. En 1960 foi elixido no primeiro grupo de cosmonautas da Unión Soviética, viaxando a bordo da Vostok 2 nunha misión de un día e converténdose no segundo ser humano en orbitar a Terra despois de Iuri Gagarin. En 1962 adestrou para ser piloto de probas na Academia Zhukovskii de Enxeñaría da Forza Aérea, liderando o grupo que adestrou para pilotar o avión espacial Spiral e graduándose en 1968. Titov elixiu seguir unha carreira máis dirixida á xestión nas forzas espaciais en lugar de continuar como cosmonauta, graduándose na Academia Xeral de Persoal Militar chegando a ser Director Adxunto do Mando e Control Espaciais en agosto de 1972. A partir de 1973 foi Director Adxunto de GUKOS para investigación e, entre 1979 e 1991, comandante da mesma organización. Titov retirouse do exército en outubro de 1992. Finou en Moscova o 20 de setembro de 2000.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: German Titov |