Saltar ao contido

Géza Maróczy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Geza Maroczy»)
Modelo:BiografíaGéza Maróczy

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Maróczy Géza Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1870 Editar o valor en Wikidata
Szeged (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1951 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Budapest (República Popular Húngara) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir, 33/3-1-3/4 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (1903–)
ETH Zürich (–1902) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista, escritor de non ficción, engenheiro hidráulico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaGrande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1950) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1936Olimpíada de xadrez de 1936 (pt) Traducir
1933Olimpíada de xadrez de 1933 (pt) Traducir
1930Olimpíada de xadrez de 1930 (pt) Traducir
1927Olimpíada de xadrez de 1927 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 112925485 Editar o valor en Wikidata

Géza Maróczy, nado en Szeged, Hungría, o 3 de marzo de 1870 e finado o 29 de maio de 1951, foi un mestre húngaro de xadrez e un dos mellores xogadores do mundo da súa época. Foi tamén enxeñeiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Géza Maróczy gañou o torneo de menor importancia de Hastings en 1895. Durante os seguintes dez anos fíxose acredor aos premios maiores de varias competencias internacionais. En 1906 conveu os termos para un match polo Campionato do Mundo de Xadrez con Emanuel Lasker, pero varios problemas políticos internos de Cuba -onde ía celebrarse o encontro- obrigaron a cancelar os preparativos.

Retiro e regreso

[editar | editar a fonte]
Defensa siciliana. Formación Maróczy

Despois de 1908, Maróoczy retirouse temporalmente do xadrez internacional para dedicar máis tempo á súa profesión como profesor de matemáticas. Ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, realizou unha serie de partidas a xeito de regreso, con certo éxito. O hoxe chamado lazo de Maróczy (peóns en c4 e e4 contra a defensa siciliana) leva o seu nome.

Tempo despois, ao final do ano 1927, demoleu ao entón campión de Hungría, Géza Nagy, nun encontro que finalizou ( 5 -0 =3).

O seu estilo xedrecístico, aínda que sólido, era moi defensivo na súa natureza. As súas defensas acertadas do gambito danés contra Jacques Mieses[1] e Karl Helling[2], que involucraron un estudoso regreso do material sacrificado para lograr crecente vantaxe, foron utilizadas como modelos do xogo defensivo por Max Euwe no seu volume sobre o medio-xogo.

Aron Nimzowitsch, na súa obra O meu sistema, usou o triunfo de Maróczy contra Hugo Süchting (Barmen 1905) como modelo de refreo do opoñente previo á irrupción ofensiva[3].

O seu manexo da dama no final de xogo tamén era moi respectable, como quedou patente na partida contra Frank Marshall (Karlsbad 1907), onde demostrou a súa superioridade no uso desta peza[4]. Tamén podía xogar xadrez espectacular, como ilustrou nun match memorable contra o ofensivo David Janowski (Múnic 1900)[5].

Unha das súas creacións, a mencionada Formación Maróczy, é unha disposición na que as pezas brancas poden adoptar contra algunhas variantes da defensa siciliana. Colocando peóns en e4 e c4, as brancas reducen levemente as súas perspectivas de ataque pero, como contrapartida, inhíbese fortemente o contraxogo das negras.

Valoración da súa carreira

[editar | editar a fonte]

Maroczy conseguiu boas puntuacións contra os mellores xadrecistas do seu tempo. Con todo, os campións do mundo leváronlle a dianteira: Wilhelm Steinitz (1 -2 =19) Emanuel Lasker (0 -4 =2), José Raúl Capablanca (0 -3 =5) e Alexander Alekhine (0 -6 =5), fóra de Max Euwe, a quen bateu (4 -3 =15). Pero o estilo defensivo de Maróczy era a miúdo máis que suficiente para bater a xogadores agresivos, por exemplo Joseph Henry Blackburne (5 -0 =3), Mikhail Chigorin (6 -4 =7), Frank Marshall (11 -6 =8), David Janowski (10 -5 =5), Efim Bogoljubov (7 -4 =4) e Frederick Yates (8 -0 =1).

Capablanca tiña a Maróczy en alta estima. Nunha conferencia dada a comezos dos anos 40, referiuse ao húngaro como "moi caballeroso e correcto" e "unha figura amable"; eloxiou a Formación Maróczy como unha contribución importante á teoría da apertura, acreditouno como un "bo profesor" quen axudou moito a que Vera Menchik alcanzase o tope do ranking de xadrez feminino; e "un dos mestres máis grandes do seu tempo". Tamén escribiu del:

"Como xadrecista carecía un pouco en imaxinación e espírito agresivo. O seu xuízo posicional -calidade substancial nun mestre- era excelente. Xogador moi preciso e un excelso artista no fin de xogo, converteuse nun experto en finais con damas. Nun torneo moitos anos atrás gañou un final de cabalos contra o mestre vienés (Georg) Marco que pasou á Historia como un dos finais clásicos nesta especialidade. (...) Respecto da comparación de Maróczy cos mellores xogadores novos de hoxe, a miña opinión é que, con excepción de (Mikhail) Botvinnik e (Paul) Keres, Maróczy no seu tempo era superior a todos os actuais. Se se aprecia que en 1900 Maróczy era un dos mellores xadrecistas do mundo, e que trinta anos despois aínda é capaz de obter ante o campión de Hungría un contundente triunfo, debe convirse en que para comparalo con outro xogador deberase buscar algún cunha performance similar durante un período semellante".

Véxase aquí a partida contra Marco

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]