Giacomo Casanova
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giacomo Girolamo Casanova ![]() 2 de abril de 1725 ![]() Venecia (República de Venecia) ![]() |
Morte | 4 de xuño de 1798 ![]() Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico) ![]() |
Lugar de sepultura | Duchcov (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Venecia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Padua - In utroque iure (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e diplomacia ![]() |
Ocupación | tradutor , diplomático , escritor , Aventureiro , novelista , bibliotecario , banqueiro , poeta , autobiógrafo ![]() |
Lingua | Lingua italiana, lingua francesa, Lingua véneta e lingua alemá ![]() |
Instrumento | Violín ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Leonilda Castelli (en) ![]() ![]() ![]() |
Pais | Gaetano Casanova (pt) ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Giovanni Battista Casanova (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e finado o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película O Casanova, de Federico Fellini.