Gianfranco Bedin
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1945 (79 anos) San Donà di Piave, Italia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1981) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Gianfranco Bedin, nado en San Donà di Piave, Venecia, o 24 de xullo de 1945, é un exfutbolista italiano que xogaba como centrocampista. É lembrado principalmente pola súa pertenza ao Grande Inter de Helenio Herrera, o equipo do Inter de Milán que gañou numerosos títulos na década de 1960. Militou durante unha década no club, co que gañou tres ligas italianas, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección italiana.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Inter de Milán e debutou co primeiro equipo en 1964, da man do adestrador Helenio Herrera. Militou no club lombardo ata 1974, disputando un total de 310 partidos e marcando 23 goles. Gañou tres títulos da Serie A, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi titular en dúas finais da Copa de Europa, a gañada en 1965 ante o Benfica e a perdida en 1967 contra o Celtic de Glasgow.[3] Tras deixar o Inter, xogou catro anos na Sampdoria e a continuación pasou polo Varese, o Livorno e o Rondinella antes de retirarse en 1981.[1][2][4]
Selección italiana
[editar | editar a fonte]Foi 6 veces internacional coa selección de Italia entre 1966 e 1972.[5][6][7]
Estilo de xogo
[editar | editar a fonte]Especialista en roubos de balón, destacaba tamén pola súa anticipación, resistencia, ritmo, marcaxe dos rivais e pola súa habilidade para ler o xogo como mediocentro defensivo ou todocampista, o que lle permitía apoiar de xeito defensivo aos seus compañeiros máis creativos e ofensivos. Xogador moderno e bidireccional, tamén era capaz de iniciar xogadas de ataque e de alcanzar boas posicións ofensivas tras recuperar a posesión.[1][2][8]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Inter de Milán
- Serie A (3): 1964/65, 1965/66, 1970/71.
- Copa de Europa (1): 1964/65.
- Copa Intercontinental (2): 1964, 1965.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Vernazza, Sebastiano (6 de agosto de 2009). "Bedin, vita da mediano "Quando marcavo Pelé e Rivera"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Gianfranco Bedin: l’orgoglio del mediano" (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "Gianfranco Bedin". national-football-teams.com (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "Convocazioni e presenze in campo". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "Italy - International Matches 1960-1969". rsssf.com (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "Italy - International Matches 1970-1979". rsssf.com (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ Nassetti, Filippo (31 de marzo de 2016). ""Bagni: "I miei 5 mediani scudettati per 50 anni di Inter"". Consultado o 30 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Inter de Milán (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013.