Giovanni Hagian
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1803 Imperio Otomán |
Morte | 8 de maio de 1880 (76 anos) |
Bispo diocesano | |
1850 – Diocese: Caesarea in Cappadocia degli Armeni (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica armenia e Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1850–1880), sacerdote católico |
Orde relixiosa | Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar |
Consagración | Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean |
Giovanni Hagian,[1] nado o 1 de xuño de 1803 en Perkinik e finado o 8 de maio de 1880, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Cesarea de Capadocia e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Perkinik o 1 de xuño de 1803, fillo de Paul Hagian e de Cécile Ciaparian.[2][3] Estudou no seminario de Bsumar e foi ordenado sacerdote en 1827, entrando no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, e posteriormente foi profesor no seminario durante tres anos.[2][3] Posteriormente foi párroco en Perkinik durante oito anos, e logo en Constantinopla por tres anos máis.[2] Á súa volta, recibiu do patriarca o encargo de atender aos refuxiados armenios que fuxiran da persecución en varias provincias.[2] Foi nomeado vigairo patriarcal extraordinario para o restabelecemento da paz entre os fieis e o patriarca na comunidade armenia de Diyarbakır (Amida).[3]
O 2 de xuño de 1850 foi consagrado arcebispo titular de Cesarea de Capadocia polo patriarca Gregorio Pedro VIII, e nomeado vigairo xeral do patriarcado e confesor do seminario.[3] O 7 de abril de 1861 foi co-consagrante do bispo Léon Korkoruny.[4]
Co aumento de fieis católicos armenios en Cesarea de Capadocia, en 1864 tomou posesión da súa sé, e con axuda da Congregación para a Propagación da Fe construíu varias igrexas.[3] Co traballo realizado no seu pontificado conseguiu evitar a propagación do protestantismo entre os armenios,[3] e en numerosas ocasións tivo dificultades cos dirixentes turcos.[3]
En 1867 foi nomeado asistente ao trono pontificio,[3] e foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Jean Hadjian, Jean Hagian.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Aubert, R. (1990). Dictionnaire d'histoire et de géographie ecclésiastiques 23. pp. 38–39.
HAGIAN ou HADJIAN (Jean), archevêque arménien uni de Césarée (1803-80)...
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Patelos, Constantin G. (1981). Vatican I et les évêques uniates: une étape éclairante de la politique romaine à l'égard des orientaux, 1867-1870. Collège Erasme. pp. 249–250.
Mgr Jean Hadjian (63)...
- ↑ Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870. p. 14.
Pierre VIII [...] agré a le choix fait par le peuple, el l'abbé Korkoruni fut designé pour cette haute dignité. Grégoire Pierre VIII. s'empressa de donner avis au nouvel élu; en même temps il le pressait de venir se faire consacrer [...] Il partit le 27 Février 1861 [...] Le 7 avril il reçut la consécration des mains de Grégoire Pierre VIII, qu'assistaient les Archevêques de Césarée et de Jérusalem, du rit Arménien.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 23.
Hagian Giovanni, Arcivescovo di Cesarea (Rito Armeno).