Giovanni Passannante
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1849 Savoia di Lucania, Italia (pt) |
Morte | 14 de febreiro de 1910 (60 anos) Montelupo Fiorentino, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | chef |
Giovanni Passannante, nado en Salvia di Lucania, Basilicata, o 19 de febreiro 1849 e finado en Montelupo Fiorentino, Toscana, o 14 de febreiro de 1910, foi un anarquista italiano, coñecido por ter tentado asasinar o rei Humberto I de Savoia o 17 de novembro de 1878 en Nápoles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Condenado á morte, súa pena foi despois cambiada para cadea perpetua. O anarquista foi detido en Portoferraio, Illa de Elba, nunha cela pequena e escura baixo o nivel do mar, en completo illamento durante 10 anos. Enlouquecido, foi levado ao hospital psiquiátrico en Montelupo Fiorentino, onde morreu en 1910.
Despois do intento de rexicidio, a súa cidade natal foi forzada a mudar o nome para Savoia di Lucania en homenaxe á familia real.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Giovanni Passannante |