Gjulistana Маrkovska
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1961 (63 anos) Kumanovo, Macedonia do Norte (pt) |
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: Macedonia do Norte 25 de xaneiro de 1999 – 27 de xaneiro de 2003 | |
Membro da Assembleia da República da Macedónia do Norte (pt) | |
Lexislatura: Sobranie 1991-1994 (en) | |
Membro da Assembleia da República da Macedónia do Norte (pt) | |
Lexislatura: Sobranie 1998-2002 (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje |
Actividade | |
Ocupación | política, oftalmóloga |
Gjulistana Jumerovska Markovska, nada en Kumanovo en 1961, é unha oftalmóloga e política macedonia de etnia romaní[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na Facultade de Medicina da Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje, e especializouse en enfermidades oculares. Traballou como médica de familia no centro de saúde de Kumanovo e como especialista no Hospital Militar de Skopje. Accedeu á Asemblea de Macedonia nas listas da Unión de Forzas Reformistas e despois actuou como independente. Pasou catro anos máis, de 1998 a 2002, como parlamentaria polo VMRO-DPMNE, dirixido por Ljubcho Georgievski. Despois de 2002 retirouse da política activa para exercer a práctica médica privada e mais tamén é vicepresidenta da Sociedade Oftalmolóxica Macedonia[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Renske Doorenspleet (2013). "Electoral Systems and Good Governance in Divided Countries". En Florian Bieber e Stefan Wolff. The Ethnopolitics of Elections. Routledge.
- ↑ ""About Us"". zom.mk.