Glándula pilórica
As glándulas pilóricas son glándulas produtoras de moco que se encontran na mucosa gástrica humana na zona do píloro do estómago[1], nos 4 ou 5 cm finais do estómago. As glándulas pilóricas desembocan nas fosiñas gástricas, que na zona do píloro son as máis profundas do estómago. As glándulas pilóricas son tubulares retortas e ramificadas, máis ramificadas e anchas que as glándulas fúndicas. A célula predominante da glándula é unha célula produtora de moco protector, e segundo algúns autores é idéntica á célula mucosa do colo da glándula fúndica. Máis raramente pode haber células endócrinas produtoras de gastrina e algunhas células parietais produtoras de ácido (observadas na zona do esfínter pilórico).[2]
O adenoma de glándula pilórica é un raro neoplasma con características distintas ao adenoma gástrico de tipo foveolar.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Free dictionary Pyloric gland
- ↑ 1.↑ D. W. Fawcett. Tratado de Histología. 11ª edición. McGraw Hill-Interamericana. Páxina 638. ISBN 84-7605-361-4.
- ↑ Chen ZM, Scudiere JR, Abraham SC, Montgomery E. Pyloric gland adenoma: an entity distinct from gastric foveolar type adenoma. Am J Surg Pathol. 2009 Feb;33(2):186-93. doi: 10.1097/PAS.0b013e31817d7ff4. PMID 18830123