Saltar ao contido

Glaciación de Würm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tipos de vexetación no cumio da última glaciación

A glaciación coñecida como Würm en Europa e como Wisconsin en América foi a última que coñeceu a terra e con ela considérase rematado o Plistoceno e as chamadas "glaciacións antropolóxicas" polos científicos, debido a que foron usadas polo ser humano para o seu paso a América. As outras "glaciacións antropolóxicas" anteriores á Würm ou Wisconsin, foron Glaciación de Donau, fai 2 000 000 de anos; Glaciación de Günz, de 1 000 000 anos atrás; a Glaciación de Mindel de fai 400.000 anos e a Glaciación de Riss de fai 150.000 anos. Suponse segundo as teorías enunciadas, que todas elas foron empregadas polo ser humano para o seu paso a América, en maior ou menor grao. Os científicos considéranas "glaciacións recentes".

Postúlase que comezou hai 100.000 anos e rematou hai 12.000. Neste período, a especie humana non acadou a extinguirse, mais se reduciu intensamente as poboacións diminuíndo a dispersión xenética orixinal. Practicamente non hai máis de 40 milenios que recomezou a dispersión xenética.

Esta glaciación foi aproveitada polo ser humano para facer o seu paso dende Asia até América polo estreito de Bering, segundo unha teoría. Durante aquel período glaciar, o clima terrestre tornouse moi frío. Entón os glaciares avanzaron alén dos casquetes polares, até preto dos trópicos. Nesa zona os continentes recubríronse de xeos se xearon os lagos, lagoas e ríos. Os mares de pouca profundidade desapareceron, porque as súas augas trocáronse en glaciares. Foi xustamente neses tempos que os estreitos e arquipélagos continentais e insulares quedaron sen cobertura líquida ; polo tanto, e temporalmente, moitas zonas próximas quedaron unidas. Uniuse, por exemplo, Australia-Tasmania con Nova Guinea, Filipinas e Indonesia. O mesmo aconteceu entre Xapón e Corea.

Entre Asia e América, ao reducirse o nivel das súas augas, o estreito de Bering converteuse na "ponte de Bering" ou "ponte de Berinxia". Leva ese nome na honra do navegante Vitus Jonassen Bering (Dinamarca, 1681-1741), quen explorou eses mares coa axuda dos tsares de Rusia.

Os científicos afirman que a "ponte de Berinxia", en condicións de ser transitado polos homes e animais, durou un breve período xeolóxico. Na súa primeira quenda, uns 4.000 anos. Na segunda etapa uns 15.000 anos. Di un científico:

Existía nese momento unha ponte terrestre entre Asia e Alasca, que apareceu cando os glaciares do último período glacial estaban no seu máximo, aprisionando millóns de quilómetros de precipitación que normalmente ían acadar as augas oceánicas. A falta desa auga reduciu o nivel do mar de Bering máis de 90 metros, bastantes para converter os baixos do estreito nunha ponte de terra que unía os dous continentes

Esa ponte de terra tiña unha lonxitude de 75 km e un máximo largo de 1.500 km. Esas magnitudes son máis características dun istmo, pero os científicos manteñen a denominación de "ponte" polo seu significado de "unión" entre ambos continentes.

Durante 19.000 anos, os grupos primitivos de Asia tiveron a oportunidade de cruzar a "ponte de Berinxia". Ese tempo foi suficiente para que as primeiras bandas humanas e outras ondas de inmigrantes da Asia chegaran ao norte de América.

As Glaciaciones wurmienses son períodos de frío máis intenso do Paleolítico, que se dividen en:

  • Würm I (ou Wisconsin I)
  • Würm II (ou Wisconsin II)
  • Würm III (ou Wisconsin III)

Entre estes períodos existen períodos de oscilacións que os dividen e que son denominados interglaciares ou subestadios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]