Gladiator (filme de 1992)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gladiator.
Gladiator | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gladiator |
Director | Rowdy Herrington |
Produtor | Frank Price Stephen J. Roth |
Guión | Lyle Kessler Robert Mark Kamen |
Baseado en | Historia de Djordje Milicevic Robert Mark Kamen |
Intérpretes | |
Música | Brad Fiedel |
Fotografía | Tak Fujimoto |
Montaxe | Harry B. Miller III Peter Zinner |
Estudio | Price Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 5 de marzo de 1992 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama e deportes |
Orzamento | 20 millóns de dólares[1] |
Recadación | 9,2 millóns de dólares[1][2] |
Na rede | |
Gladiator é un filme estadounidense de 1992 dirixido por Rowdy Herrington e protagonizado por Cuba Gooding Jr., James Marshall, Brian Dennehy e Robert Loggia.
Estreouse en galego o 7 de xuño de 2024 na TVG.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia de dous adolescentes atrapados no mundo do boxeo ilegal. Un está loitando por pagar as débedas de poxas acumuladas polo seu pai. O segundo loita polos cartos para saír do gueto. Mentres son explotados por un promotor de boxeo, os dous adolescentes fanse amigos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- James Marshall como Tommy "The Bridgeport Bomber" Riley
- Cuba Gooding Jr. como Abraham Lincoln Haines
- Brian Dennehy como Jimmy Horn
- Robert Loggia como Jack "Pappy Jack"
- Ossie Davis como Noah
- Cara Buono como Dawn
- Jon Seda como Romano Essadro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Gladiator (1992)". The Wrap. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ "Gladiator (1992)". Box Office Mojo. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- ↑ @AntRubal (ed.). "Gladiator en galego na TVG". Consultado o 6 de xuño de 2024.