Saltar ao contido

Gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase espermatoxénica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: GAPDH e gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase (homónimos).

A gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase espermatoxénica[1] ou gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenase específica de testículo (abreviada como GAPDHS ou GAPDH2) é un encima que nos humanos está codificado polo xene GAPDHS do cromosoma 19 humano, que se expresa de xeito específico nas células espermatoxénicas dos testículos fundamentalmente, e é distinto do encima glicolítico similar atopado nas células somáticas.[2][3]

Este encima da familia das gliceraldehido-3-fosfato deshidroxenases xoga un importante papel no metabolismo. Como o seu encima similar das células somáticas, este encima específico do esperma funciona dependendo da nicotinamida adenina dinucleótido para quitar hidróxeno e engadir fosfato ao gliceraldehido 3-fosfato para formar así 1,3-bisfosfoglicerato. Durante a espermatoxénese, este encima pode ter un importante papel na regulación do cambio entre diferentes vías metabólicas produtoras de enerxía, e é necesario para a motilidade dos espermatozoides e a fertilidade masculina.[3]

  1. OMIM GAPDHS
  2. Welch JE, Brown PL, O'Brien DA, Magyar PL, Bunch DO, Mori C, Eddy EM (2000). "Human glyceraldehyde 3-phosphate dehydrogenase-2 gene is expressed specifically in spermatogenic cells". J Androl 21 (2): 328–38. PMID 10714828. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: GAPDHS glyceraldehyde-3-phosphate dehydrogenase, spermatogenic". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • GAPDH de células somáticas

Bibliografía

[editar | editar a fonte]