Saltar ao contido

Gloria Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGloria Ortega
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalDoutora
EducaciónUniversidade de La Laguna Editar o valor en Wikidata
Q89547790ser unha das autoridades que describiron o taxon galotiinos, unha das dúas subfamilias dos lacértidos
Actividade
Ocupaciónentomóloga, conservadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo de la Naturaleza y el Hombre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 2184508

Gloria Ortega Muñoz é unha bióloga española especializada en entomoloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Biolóxicas na especialidade de Zooloxía pola Universidade de La Laguna en 1980, obtendo o Premio Extraordinario. Doutorouse pola mesma Universidade en 1989,[1] coa tese titulada "Los icneumónidos de las Islas Canarias (Insecta, Hymenoptera, Ichneumonidae)".[2]

Publicou diversos traballos científicos en revistas nacionais e estranxeiras, e é coautora de varios libros, entre os que destacan:

  • Insectos de Canarias (Cabido de Gran Canaria),
  • Bienen, Wespen und Ameisen von den Kanarischen Inseln. Texto completo. (Bremen: Übersee-Museum). ISBN 3-8829-9073-2.
  • Catálogo Espeleológico de Tenerife (Organismo Autónomo de Museos),
  • Enciclopedia temática e ilustrada de Canarias y Canarias Isla a Isla (Centro de la Cultura Popular Canaria),
  • Nombres comunes de plantas y animales de Canarias (Academia Canaria de la Lengua).

Na actualidad é conservadora da colección de Entomoloxía do Museo de Ciencias Naturales de Tenerife (Museo de la Naturaleza y el Hombre).[3]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Ortega emprégase para recoñecer a Gloria Ortega como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.