Gloria Valencia de Castaño
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1927 ![]() Ibagué, Colombia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 24 de marzo de 2011 ![]() Bogotá, Colombia ![]() |
Causa da morte | doenza respiratoria ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , presentadora de televisión ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Álvaro Castaño Castillo |
Fillos | Rodrigo Castaño (en) ![]() ![]() ![]() |
Premios |
Gloria Valencia de Castaño, nada en Ibagué o 27 de xullo de 1927 e finada en Bogotá o 24 de marzo de 2011, foi unha intelectual, xornalista e presentadora de televisión colombiana. Consagrada polo público e a crítica, como a «Primeira Dama» da televisión colombiana é recoñecida tamén como unha das principais figuras da divulgación da cultura en Colombia.
En setembro de 1950 iniciou, xunto co seu esposo, o avogado Álvaro Castaño Castillo e outras persoas, a emisora cultural HJCK, "El mundo en Bogotá". Por máis de medio século foi colaboradora de varios programas desa emisora, que hoxe transmite só vía Internet, con temáticas arredor da información e promoción cultural.