Gnomo
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Nisse_d_apres_nature_ill_jnl_fal.png/200px-Nisse_d_apres_nature_ill_jnl_fal.png)
Segundo as crenzas populares, un gnomo é un pequeno ser de forma e comportamento humanos que habita no bosque e, en ocasións, nas moradas humanas. Esta tradición está amplamente estendida por Europa, sobre todo nos países nórdicos e Inglaterra, dende onde pasou tamén a Norteamérica.
O gnomo é un ser bondadoso, enraizado na natureza, da que extrae todo aquilo que necesita. Establece pouca relación co ser humano; aínda que, se este o trata ben, axúdao e favoréceo. É frecuente confundir os gnomos cos trasnos.