Gnomon
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Sundial_Taganrog.jpg/220px-Sundial_Taganrog.jpg)
En orixe, a palabra gnomon, que en grego significa guía ou mestre, facía referencia a un obxecto alongado cuxa sombra se proxectaba sobre unha escala graduada para medir o paso do tempo. O gnomon ou estilo defínese como o obxecto alongado que guinda sombra, independentemente do ángulo que forme co cuadrante.
Características[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Reloxo_de_sol_en_Fri%C3%B3ns%2C_Carreira%2C_Ribeira.jpg/220px-Reloxo_de_sol_en_Fri%C3%B3ns%2C_Carreira%2C_Ribeira.jpg)
Estará inclinado respecto o plano horizontal cun ángulo igual á latitude do lugar onde se sitúe o reloxo de sol, e varía segundo os distintos tipos de reloxos (ecuatoriais, declinantes etc.). No hemisferio norte, o caso máis sinxelo, a aresta que proxecta a sombra está orientada cara ao norte, quedando paralela ao eixo de rotación da Terra
Eratóstenes de Cirene empregou un gnomon para medir o diámetro da Terra, con aceptable precisión.
Xeometría[editar | editar a fonte]
En xeometría, o gnomon dun rectángulo dado é outro, que, engadido ao primeiro, xera outro rectángulo semellante ao inicial. Así, o gnomon dun rectángulo será o rectángulo necesario para obter o seu recíproco.