Saltar ao contido

Go!Go! Ackman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Go! Go! Ackman
ゴーゴーアックマン
(Go! Go! Ackman)
Manga
Creado por Akira Toriyama
Editor Shueisha
Publicado en V-Jump
Primeira edición 1993
Última edición
Núm. de volumes
Videoxogo Go Go Ackman
Desenvolvido por Banpresto
Editado por Banpresto
Xénero Acción
Plataformas Super Famicom
Data de lanzamento 23 de decembro, 1994
Videoxogo Go Go Ackman 2
Desenvolvido por Banpresto
Editado por Banpresto
Xénero Acción
Plataformas Super Famicom
Data de lanzamento 20 de xullo, 1995
Videoxogo Go Go Ackman 3
Desenvolvido por Banpresto
Editado por Banpresto
Xénero Acción
Plataformas Super Famicom
Data de lanzamento 15 de decembro, 1995
Videoxogo Go Go Ackman
Desenvolvido por Banpresto
Editado por Banpresto
Xénero Acción
Plataformas Game Boy
Data de lanzamento 25 de agosto, 1995

Go!Go! Ackman (ゴーゴーアックマン) é un manga shōnen de Akira Toriyama que foi publicado irregularmente por V-Jump. É unha serie de humor sobre Ackman, un neno demo de 200 anos de idade que acada almas para o diaño.

O manga ten 12 capítulos de longo, e cada un posúe 6 páxinas. Na versión da V-Jump, tódalas páxinas foron imprimidas a cor, pero na versión do Taller de teatro de Akira Toriyama Volume 3 imprimiuse en branco e negro.

O primeiro capítulo comeza cando Ackman, un neno demo baixo sen nariz que te unha aparencia moi similar a Toranks de Dragon Ball Z, esperta despois dunha sesta de cincuenta anos. Os pais e as irmás de Ackman veñen neste capítulo, aínda que non ten ningunha importancia no resto da serie. A única cousa significativa que fan é explicar ó lector que a familia mata a xente e vende as súas almas ó diaño. O único personaxe principal neste capítulo é Godon, unha criatura vermella con ás de morcego que serve a Ackman. O seu obxectivo principal é recolle-las almas, da xente que mata Ackman, nun tarro.

No terceiro capítulo, introdúcese o inimigo principal de Ackman, Tenshi, un anxo que usa cueiro (que te nunha aparencia moi similar a Krilin). Pensando que Ackman morrera queda abraiado ó descubrilo e téntao matar de novo. Así, as tentativas de Tenshi para matar a Ackman no resto do capítulo fracasan miserabelmente. Un exemplo disto é cando Tenshi tenta dar á Ackman cun mísil, pero erra e dá a un autobús escolar cheo de alumnos.

O resto da serie xira ó redor de Ackman, que mata máis persoas; Tenshi, que contrata varios axentes para que fagan o seu traballo por el; brincadeiras sexuais etc.

Adaptacións de videoxogos

[editar | editar a fonte]

O manga adaptouse nunha serie de tres xogos baseados en videoxogos de plataforma para o Super Nintendo, que son unha especie de híbridos entre Mario e Megaman; e un xogo feito a man para a Game Boy que ten unha sensación de tipo Pac-man: