Saltar ao contido

Gobernación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha gobernación[1] é unha división administrativa encabezada por un gobernador.

Pode referirse ás gubernias do imperio Ruso, rexidas por un Gobernador Xeral (general-gubernatorstvo), ou ás Gobernacións de Indias do imperio Español.

Nos países de lingua árabe emprégase para as muhafazah.[2] Nos países árabes o termo gobernación úsase amplamente para describir unha unidade administrativa. Algunhas gobernacións combinan máis dun muhafazah; outros seguen os límites tradicionais herdados do sistema de vilaiatos do imperio Otomán.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.