Godóns, Covelo
Godóns | |
---|---|
Igrexa de Godóns | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°16′49″N 8°19′57″O / 42.2802716, -8.3324442 |
Poboación | 148 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Godóns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 252 habitantes (146 mulleres e 106 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 148 habitantes, sendo 71 homes e 77 mulleres.
Información
[editar | editar a fonte]Esta parroquia atópase a 10 quilómetros da capital do concello. A gandaría unida á agricultura minifundista en desaparición considérase a súa principal actividade, mais agora a concentración parcelaria que posúe a zona aumentou as superficies cultivábeis. Dende os seus cumios, sobre todo o monte Collado, pódese observar unha paisaxe da parroquia.
Godóns posúe, amais, unhas antigas vías empedradas e unha ponte medieval que atravesa o río Tea.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Godóns
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Godóns no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
A Bugariña | Cardezana | Cernadela | Chan de Souto | Costa | As Covilloas | O Lomedro | Pardellas | O Petouto | A Portela | Sutibal | Vilar |
Parroquias de Covelo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Concello de Covelo. "Godóns". Consultado o 03-09-2015.