Saltar ao contido

Goenkale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goenkale
FormatoTelecomedia
IntérpretesAinhoa Aierbe
Íñigo Larrinaga
Tessa Andonegi
Kandido Uranga
Asier Hernández
Martxelo Rubio
Itziar Ituño
Naroa Agirre
Mikel Martínez
Loreto Mauleón
Felix Arkarazo
Reyes Moleres
Joseba Olagarai
Iñaki Perurena
Xabier Perurena
Asier Oruesagasti
Joseba Usabiaga
María Cruickshank
Maialen Velasco
Pepi Aranburu
Ekaitz González
Ainhoa Jauregi
Ana Araujo
País de orixe País Vasco
Lingua(s)Éuscaro
Episodios3708
Produción
Localización(s)Na costa vasca
Duración1 hora por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeETB1
Primeiro episodio1994
Derradeiro episodio2015
Na rede
IMDB: tt0241105 Filmaffinity: 894715 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Goenkale (en éuscaro Rúa de Arriba), é unha serie de televisión en lingua éuscara producida por Pausoka Entertainment e EITB, que se emite os luns e martes na ETB1. A acción transcorre na ficticia cidade costeira de Arralde, e o título da serie correspóndese co nome da rúa principal da localidade. Estreouse en 1994, e leva máis de 3000 episodios,[1] converténdose no programa máis lonxevo da cadea.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

No momento da súa creación os responsables de EITB Otermin e Amatiño viaxaron a Gales e tomouse como modelo a teleserie Pobol y Cwm (A Xente do Val) realizada integramente en lingua galesa e emitida entre os anos 1974 e 1982 na canle BBC Wales e desde o ano 1982 na canal S4C. A día de hoxe segue emitíndose. Tamén se baseou na serie británica East Enders.

Nos seus inicios, cada episodio duraba media hora, e emitíase de luns a venres; co tempo suprimiuse o episodio do venres e desde 2004, unicamente se emiten dous episodios dunha hora cada un cada luns e martes.

Elenco da serie Goenkale.

En Goenkale nárranse as historias que suceden en Arralde, pequeno pobo costeiro e pesqueiro ficticio do País Vasco. As secuencias dos interiores están gravadas nos estudos que EITB ten no barrio de Miramon de Donostia, mentres que as secuencias de exteriores están filmadas en varias localidades. Maiormente en Orio e Tolosa. Á beira de Arralde atópase a localidade ficticia de Amaru, localidade nomeada en numerosas ocasións polos protagonistas da serie.

Goenkale é a rúa principal de Arralde, nela localízanse numerosos escenarios da teleserie. Ao longo de 16 tempadas apareceron numerosos escenarios: o hostal-restaurante Boga Boga, o Concello, a comisaría da Ertzaintza, o Bar Sobia, o Hotel Muñagorri, os domicilios e lugares de traballo dos protagonistas.

Goenkale comezou a emitirse no outono do ano 1994. Nun inicio, nárranse os acontecementos sucedidos na contorna da familia Lasa, formada polos irmáns de mediana idade chamados Jose Mari e Martin Lasa. O primeiro é dono do hostal e restaurante Boga-boga, mentres que o segundo é dono do único videoclub da localidade. Os conflitos que xorden entre ambos os irmáns dividían a toda a familia. Tras a morte da nai a animadversión entre os dous irmáns foi aumentando, e logo coa lectura do testamento, ambos os irmáns foron afastándose o un do outro ata que Martín Lasa falece.

Cameos e sucedidos

[editar | editar a fonte]

Goenkale ten unha gran repercusión na sociedade vasca. Hai uns anos a Sociedade de Carnicerías pediu que non se emitise unha trama sobre adulteración de carne. A disputa incluso chegou ao Parlamento Vasco.

Noutra ocasión, en Goenkale narrouse o secuestro dun neno, e en ETB recibíronse unha gran cantidade de chamadas de xente que aseguraba velo en Gernika (o neno era realmente de Gernika). Ditas chamadas tamén se queixaban da incompetencia da Ertzaintza, xa que seguía "as pistas falsas" dadas na teleserie.

Kontxu Odriozola, a actriz que dá vida a Maria Luisa Galardi, foi reprendida na rúa polas maldades realizadas pola súa personaxe ficticia. Unha vez, un home de idade avanzada mandou unha carta a ETB mencionando que varios personaxes da teleserie lle estaban a mentir a Maria Luisa Galardi. Aquel home escribira no sobre o seguinte: Maria Luisa Galardi. Bogo-Boga taberna. Arralde. Gipuzkoa. Un agudo traballador de correos seguidor da teleserie decatouse e engadiulle ao sobre a dirección da EITB. Deste xeito a misiva chegou ás mans de Maria Luisa Galardi.

  1. ETB1 emite este lunes el capítulo 3.000 de la serie 'Goenkale', nova en Fórmulatv o 5 de xullo de 2010 (en castelán)
  2. Diez temporadas de 'Goenkale reportaxe en El País o 3 de setembro de 2003. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]