Golfo de Honduras
Aparencia
Tipo | baía | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Caribe | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Atravesa | Belize, Honduras e Guatemala | |||
O golfo de Honduras é un accidente xeográfico situado no mar Caribe no litoral de Belize, Guatemala e Honduras. De norte a sur, esténdese uns 200 km dende Dangriga (Belize) até La Ceiba (Honduras).
O interior do Golfo está bordeado pola Barreira de Coral de Belize, que forma a parte sur do Sistema Arrecifal Mesoamericano, dunha lonxitude total de 900 km, o segundo maior sistema de arrecifes de coral do mundo, trala Gran Barreira de Coral, en Australia.
No golfo verten augas 12 ríos cun caudal medio estimado de 1.232 m³ por segundo. Entre estes ríos están o: Moho, Sarstún, Río Dulce, Motagua e Ulúa. O lago de Izabal, en Guatemala, encóntrase ligado ao golfo por un canal estreito.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |