Goma 2
Para ter información do explosivo ver o artigo: Goma-2
Goma 2 | |
---|---|
Concerto de Goma 2. | |
Orixe | Portonovo, Pontevedra, Galicia |
Período | Década de 1970 |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Movieplay |
Membros | Ramón Chouza Samuel Donsión Gerardo González Manuel Uhía Bea Carlos Carballa |
Goma 2 foi un grupo galego de rock da década de 1970.
Membros
[editar | editar a fonte]* | Ramón Chouza | Voz e guitarra |
* | Samuel Donsión | Guitarra, gaita |
* | Gerardo González | Teclado |
* | Manuel Uhía | Baixo |
* | Carlos Carballa | Batería |
Historia
[editar | editar a fonte]Goma 2 nace en Portonovo, inicialmente co nome de Os Vieiras como grupo de gaitas, e despois chamáronse Brebaxe como grupo de verbenas, a mediados dos anos 70. Os seus inicios estiveron caracterizados por ser abreconcertos de Miguel Ríos en Ponteareas e de Triana en Pontevedra e Noia, así como por encabezar o cartel do Porto Rock Novo.
En 1979 trasládanse a Madrid e gravan o seu único álbum, Goma 2. Este disco, integramente en galego, pódese considerar histórico xa é un dos que marca o inicio do rock galego, comezando a usar a gaita combinada con guitarras eléctricas para facer rock.
Pouco despois e por diversos motivos (servizo militar dos integrantes, discrepancias coa discográfica...) o grupo disolveríase.