Gonozoide
En zooloxía denomínase gonozoide, ou gonozooide, a calquera dos zooides reprodutores das colonias de tunicados, briozoos ou hidrozoos que producen gametos.[1][2] Os gonozoides poden desempeñar un papel na división do traballo,[3] ou na alternancia de xeracións.[4] Polo xeral, un gonozoide apenas ten outra función que a reprodución, polo que podería dicirse que é pouco máis ca unha gónada móbil.
A produción de gonozoides equivale a un aspecto de certas clases de alternancia de xeracións. En termos biolóxicos, as súas diversas formas son exemplos de estratexias evolutivas, e son en gran parte análogas en lugar de homólogas.[5]
Nos hidrozoos
[editar | editar a fonte]No caso dos hidrozoos os gozoides son pólipos que orixinan medusas, e que, polo tanto, se ocupan da reprodución destes organismos.[6]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome dactilozoide está formado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional gono- e -zoide. O primeiro deriva do grego antigo γόνος gónos, "xeración", "acción de enxendrar",[7] e o segundo do grego antigo ζῷον zõon, "animal".[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Christopher G. Morris; Academic Press (1992). Academic Press Dictionary of Science and Technology. Gulf Professional Publishing. pp. 945–ss. ISBN 978-0-12-200400-1.
- ↑ Hughes, D.J. (1992). "Genotype-environment interactions and relative clonal fitness in a marine bryozoan.". Journal of Animal Ecology 61 (2): 291–306.
- ↑ Sanders, Steven M.; Shcheglovitova, Mariya; Cartwright, Paulyn (2014). "Differential gene expression between functionally specialized polyps of the colonial hydrozoan Hydractinia symbiolongicarpus (Phylum Cnidaria)". BMC Genomics 15: 406.
- ↑ Terry, R. M. (1961). "Investigations of inner continental shelf waters off lower Chesapeake Bay. Part III. The phorozooid stage of the tunicateDoliolum nationalis". Chesapeake Science 2 (1–2): 60–64.
- ↑ Andrey N. Ostrovsky (2013). Evolution of Sexual Reproduction in Marine Invertebrates: Example of gymnolaemate bryozoans. Springer Science & Business Media. pp. 271–ss. ISBN 978-94-007-7146-8.
- ↑ Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 113.
- ↑ gono- Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ gonozooid no Merriam-Webster Dictionary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004): Invertebrate Zoology, 7th edition. Cengage Learning. ISBN 978-81-315-0104-7, pp. 162–166.