Saltar ao contido

Gonzalo Rodríguez Palmeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Rodríguez Palmeiro
Biografía
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata

Gonzalo José Rodríguez Palmeiro, nado en Santiago de Compostela o 18 de xuño de 1975, é un adestrador de baloncesto galego, que en 2024 dirixiu o Obradoiro, na Primeira FEB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Psicopedagoxía e mestre de Educación Primaria, comezou a dar clases de baloncesto no ano 2002, traballando na Federación Galega de Baloncesto e nas canteiras do CB Cluny e do CB Peleteiro, ambos de Santiago de Compostela.[1]

En 2007 converteuse en axudante do adestrador canario Felipe Coello no CB Balneario Archena, club murciano da LEB Bronce, e no 2008/09 asumiu as rendas como adestrador principal.[2]

Na tempada 2009/10 uniuse a Moncho Fernández como axudante na dirección do UCAM Murcia, da Liga ACB. Na campaña 2010/11 ambos regresaron á súa Compostela natal para adestrar o Obradoiro na Liga LEB Ouro. Con Moncho como adestrador e Gonzalo como axudante, o club santiagués conseguiu o ascenso á Liga ACB, na que se mantivo durante as seguintes trece tempada consecutivas.[3]

O 5 de xuño de 2024, tralo descenso á Primeira FEB, anunciouse a marcha de Moncho Fernández despois de 14 anos como adestrador, sendo sucedido polo propio Gonzalo Rodríguez.[4] O 17 de decembro de 2024 foi destituído do cargo.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Nados en 1975]