Gonzalo Vilas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 ![]() Prevediños, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, debuxante de prensa ![]() |
Gonzalo Vilas, nado en Prevediños (Touro) en 1964, é un crítico de cine, ilustrador e humorista gráfico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Habitualmente (2010) asina as súas colaboracións só como "Gonzalo", e entre as súas referencias actuais no humor gráfico ten sinalado a Xosé Lois, Xaquín Marín e Suso Sanmartin.
Publicou a súa primeira viñeta para A Nosa Terra, semanario no que colaborou e para o cal coordinou o suplemento infantil Bule-Bule, entre outras tarefas. Habitualmente colabora tamén con viñetas de humor gráfico nas publicacións GZnación e Novas da Galiza.
Anteriormente colaborou con outras publicacións como Can Sen Dono, El Correo Gallego, O Pasquim (suplemento do Novas da Galiza entre 2007 e 2008) ou La Voz de Galicia. Colabora en elDiario.es[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gonzalo Vilas". eldiario.es.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- GZnación celebra as 100 viñetas de Gonzalo Vilas[Ligazón morta] (consultado o 20/01/2010)
- Entrevista en Vieiros (consultado o 20/01/2010)