Google+
Google+ | |
---|---|
Tipo | rede social, software, API, computação em nuvem, servizo de internet, plataforma e comunidade en liña |
Data de fundación | 28 de xuño de 2011 |
Data de disolución | 2 de abril de 2019 |
Fundador(es) | Google e Bradley Horowitz |
Director/a | Bradley Horowitz |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://plus.google.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Google+, pronunciado e escrito ás veces como Google Plus, tamén abreviado como G+, foi un servizo de rede social operado pola compañía estadounidense Google. Google+ lanzouse en xuño de 2011. Nun principio, os usuarios tiñan que ser maiores de 13 anos de idade,[1] para crear as súas propias contas. Google+ foi a terceira rede social con máis usuarios no mundo, non pola súa popularidade senón pola ligazón con YouTube, obtendo arredor de 343 millóns de usuarios activos.
Google+ integraba distintos servizos: círculos, Hangouts, intereses e comunidades.[2] Google+ tamén estivo dispoñible como unha aplicación de escritorio e como unha aplicación móbil, pero só nos sistemas operativos Android e iOS. Fontes como The New York Times declarárono o maior intento de Google para competir coa rede social Facebook,[3] a cal tiña máis de 750 millóns de usuarios en 2011.[4] O 20 de setembro de 2011, Google permitiu a creación de contas a usuarios con máis de 18 anos, con melloras nas súas extensións de videoconferencias.[5]
Google anunciou o peche definitivo en abril de 2019[6] por motivos relacionados con erros de seguridade no acceso a datos privados de usuarios afectados, que poderían ascender até o medio millón de contas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Google is newest addition to social network". thereporteronline.net. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2013.
- ↑ "Official Google+ Website". Consultado o 30 de xuño de 2011.
- ↑ "Another Try by Google to Take On Facebook". The New York Times. 28 de xuño de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ "Facebook Statistics". 6 de xullo de 2011. Consultado o 6 de xullo de 2011.
- ↑ "Google abrió su red social". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2011.
- ↑ Thacker, David (10 de decembro de 2018). "Expediting changes to Google+". Google: The Keyword (company blog) (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google+ |