Saltar ao contido

Google Classroom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Google Classroom
Desenvolvedor(es)Google
Publicación inicial12 de agosto de 2014
Sistema operativoAndroid, iOS, Navegador web
Lingua/sMultilingüe
Galego: OK
TipoEducativo
Sitio webclassroom.google.com

Google Classroom é un servizo web educativo gratuíto desenvolvido por Google. Forma parte do paquete de G Suite for Education, que inclúe Documentos de Google, Gmail e Google Calendar.

A plataforma foi lanzada o 12 de agosto de 2014.[1] O 29 de xuño de 2015, Google anunciou unha API de Classroom e un botón para compartir para sitios web, permitindo aos administradores educativos e outros desenvolvedores incrementar o aproveitamento de Classroom.[2] O 15 de marzo de 2017, Classroom estaba dispoñible para contas persoais de Google, en particular para as contas estándar de Gmail.

Concibida nos seus inicios como unha forma de aforrar papel, entre as súas funcións está simplificar e distribuír tarefas así como avaliar contidos. Permite a creación de aulas virtuais dentro dunha mesma institución educativa, facilitando o traballo entre os membros da comunidade académica. Ademais, serve como nexo entre profesores, padres e alumnos axilizando todos os procesos de comunicación entre eles.

Nos seus comezos, acusouse a Google de gardar historiais de busca e datos de uso doutros servizos de Classroom con obxectivos publicitarios.[3] Tras perder un xuízo por este tema, Google decidiu non volver a recoller este tipo de datos en ningunha das Google Apps for Education.[4]

Para poder utilizarlo cómpre dispor dunha conta de Google, aínda que non é necesario descargar ningunha aplicación, todo está totalmente ao alcance do usuario conectado a Internet.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A partir dunha páxina principal créanse aulas na que o profesor pode asignar tarefas con textos, sons, fotos e vídeos. Ao mesmo tempo pode por avisos, crear enquisas ou recibir respostas dos alumnos. Está dispoñible nun amplo número de linguas, concretamente 42. Ademais, funciona nos máis coñecidos dispositivos móbiles e lectores de pantalla. Esta ferramenta forma parte de G Suite for Education, un programa que pretende introducir variedade de dispositivos e aplicacións con obxectivos educativos.[6]

Dispón de catro pestanas: [7]

  • Taboleiro: a páxina principal onde os alumnos poden ver as tarefas asignadas.
  • Traballo de clase: onde o profesorado achega materiais, crea tarefas e cuestionarios (utilizando Google Forms), así como a formulación de preguntas.
  • Persoas: mostra a todo o alumnado e profesorado.
  • Cualificacións: é unha táboa que mostra as asignacións e os estudantes onde os mestres ingresan as cualificacións.

Fusiona a aula virtual coa rede social e actúa de maneira positiva como ferramenta de blended learning (aprendizaxe semipresencial) ou para aplicar técnicas de Flipped Classroom (aula invertida), xa que permite aloxar calquera tipo de información documental e multimedia para seguir a materia. Ademais, dá acceso ao traballo colaborativo en Google Drive de xeito intuitivo e controlado.[8]

Tarefas e avaliacións

[editar | editar a fonte]

A colaboración profesor-alumno sucede a través das súas contas de G Suite. Cada alumno ten o seu propio drive con capacidade ilimitada. Os profesores poden achegar arquivos para que os alumnos os vexan ou editen. Ademais poden mesmo crear un modelo editable, utilizando para iso outras ferramentas de G Suite como Documentos de Google, Follas de Cálculo ou Formularios.[9]

Os profesores poden crear en Google Classroom tarefas, estas poden ir destinadas a un alumno (atendendo ás necesidades individuais), así como a varios ou a un grupo de clase completo,[10] o que facilita a formación personalizada.[11] O docente, cando inserta unha tarefa, pode engadir un título, dar instrucións sobre como facela, indicar unha data de entrega e achegar material. As tarefas ofrecen a posibilidade de engadir prazo de entrega, temporalizando o traballo do alumnado.[12] Cando a unha tarefa se lle engade a data de finalización, aparece no calendario de clase, que liga con Google Calendar e está compartido por profesor e alumnos.

As tarefas ou arquivos dirixidos aos alumnos teñen varias opcións:

  • Visualización.
  • Edición do arquivo: os alumnos son capaces de traballar nun mesmo documento desde diferentes computadoras en tempo real compartíndoo a través de Google Drive. Isto fomenta o traballo colaborativo co uso das TIC.
  • Copia de documentos para que cada alumno entregue o seu arquivo de maneira individual.

Os profesores poden ver os progresos que fan os alumnos, comentar nos arquivos destes ou editalos en tempo real. Para avaliar aos alumnos os mestres poden crear unha folla de cálculo, pódense instalar complementos como Flubaroo (que serve para corrixir exames tipo test e poñer comentarios). Os complementos facilitan a creación de probas avaliables. Unha vez entregados e avaliados, os arquivos xa non poden volver ser modificados polo alumno.

Incorpora un apartado denominado cualificacións. O profesor poderá cualificar as diferentes tarefas podendo elixir puntuacións totais ou ponderadas e despois descargar as notas en formato follas de cálculo de Google ou formato CSV. Tamén poderá organizar as tarefas por categorías de cualificación, utilizar rúbricas na avaliación e sincronizar o libro de cualificacións coa plataforma de xestión que utilice o centro.[13]

Google Classroom inclúe unha nova ferramenta antiplaxio, para facilitar o labor do profesorado.[14]

Optimización de tempo

[editar | editar a fonte]

É unha boa ferramenta para que os docentes poidan optimizar o tempo nas súas aulas.[15] Estes non perderán tempo en introducir aos alumnos na aula de Google Classroom, xa que poden engadir estudantes dándolles un código para que se unan á clase. Isto dá máis tempo para ensinar, xa que non é necesario engadir manualmente aos alumnos un por un.

Ademais poderán mandar as tarefas a través da plataforma, isto ten dúas vantaxes:

  1. Non se perde tempo en clase en ditar as tarefas nin en explicalas
  2. Os docentes poden reutilizar anuncios, tarefas ou preguntas feitas en outras clases. Tamén se poden compartir publicacións entre varias clases ou arquivar clases para o futuro.

Por outra banda, ofrece a posibilidade de programar o traballo, para un día e data concreta para así manter a orde e horas presenciais do alumnado.[16]

Tamén permite xestionar a aprendizaxe virtual ou semipresencial á comunidade educativa. Pódese conformar un curso e a partir de aí crear tanto as materias que imparta o titor, como aquelas que sexan dos especialistas, de maneira que todo quede optimizado nunha mesma pantalla.[17]

Mellora a comunicación cos pais para ver o progreso dos seus fillos e á súa vez tamén se favorece a retroalimentación co alumnado a través das notificacións, correccións de tarefas, videoconferencias...[18]

Á hora de avaliar os docentes afirman que a avaliación en liña é máis doada e rápida que a impresa.[19]

Desde abril de 2020, G Suite inclúe a posibilidade, de iniciar videochamadas a través de Google Meet directamente desde Classroom facilitando un código ao alumnado, o que fai moito máis rápidas e cómodas as clases na educación a distancia.[20]

Comunicación profesor-alumno

[editar | editar a fonte]

O profesor, a través de Classroom, pode por anuncios á clase e os alumnos responder e viceversa. É unha ferramenta que pretende facilitar a comunicación entre estes colectivos. Ademais tamén se poden crear enquisas, xa sexa de resposta aberta ou pechada, realizar debates na aula virtual, lanzar unha pregunta a modo de exercicio para realizalo en casa, decidir que día se realiza unha excursión, un exame... Así mesmo, permite mandar correos electrónicos a cada un dos alumnos por separado.

Os anuncios poden incluír diferentes recursos multimedia adxuntos, onde o docente comparte información cos seus alumnos, como por exemplo:

Como ferramienta de apoio á educación presencial, pódense citar múltiples vantaxes:[21]

  • Esta ferramenta fomenta o traballo colaborativo, dá información en tempo real e compleméntase perfectamente coa educación presencial.
  • Fomenta a aprendizaxe omnipresente onde o alumno organiza os seus tempos para acceder aos recursos.
  • Existe un intercambio de ideas e información permanente. Mesmo se un debate quedou interrompido na aula por falta de tempo, pódese continuar na ferramenta.

Así mesmo, tamén presenta vantaxes como ferramenta para levar a cabo procesos de aula invertida:

  • O alumno pasa a ser, desde o primeiro momento, o protagonista do seu propio aprendizaxe.[22]
  • Os alumnos son suxeitos activos, adquiren responsabilidade, interaccionan e participan. Teñen un alto grao de compromiso para co seu propio aprendizaxe.[23]
  • Tempo extenso para revisar conceptos teóricos e usar a clase para resolución de dúbidas, de maneira individual ou mesmo colectiva.[24]
  • Diversidade de alumnado atendida. O profesor encarga actividades diversificadas adaptadas a todo tipo de alumnado.[22]
  • Aprendizaxe máis significativo: menos memorización e mellora de aprendizaxe que perdure no tempo, que realmente lles sirva para defenderse na sociedade.[25]
  • Desenvolvemento de competencias mediante o uso das TIC, traballo colaborativo, autonomía do alumnado...[26]
  • Aumento da motivación: a aprendizaxe pasa a ser un proceso divertido. O alumno non memoriza tanto. Adquiren habilidades e toman decisións autónomas:[27]
    • Para consultar e reutilizar cursos xa terminados: unha vez que un curso xa se arquivou, os estudantes e profesores poden velo pero sen facer cambios ata que se restabelece.
    • Para ter retroalimentación habitual entre pais e alumnos de maneira sinxela.
    • Para compartir exemplos de traballos cos alumnos.
    • Para crear subdivisións de grupos de alumnos en cada clase (por exemplo alumnos co mesmo nivel de coñecementos matemáticos).

Inconvenientes

[editar | editar a fonte]

Por outro lado, existen unha serie de inconvenientes.[28] Algunhas delas serían:[29]

  • Requírese unha conexión a Internet ininterrompida para que funcione correctamente.
  • Unha inestabilidade da rede pode provocar que se deba deixar de impartir a sesión de forma inesperada.
  • A documentación facilitada polo docente pode non estar correctamente contrastada, debido á cantidade de información inexacta que atopamos en Internet.
  • Cabe a posibilidade de que existan estudantes que se esforcen menos en facer as súas tarefas, debido á mala práctica do copia/pega.
  • O uso adictivo das novas tecnoloxías fai que descoides outros aspectos do día a día.
  • Pode provocar un illamento, no caso de que non se utilice unha plataforma apta para favorecer a interacción real cos outros.
  • O docente inviste moito tempo para realizar os materiais, o que implica máis traballo para el.
  • Pasar demasiado tempo diante dunha pantalla pode carrexar problemas de saúde.
  • Incompatibilidade con contidos de SCORMLearning Tools Interoperability
  • Ecosistema de Google limitado.[30]
  • Non é unha plataforma LMS, carecendo de características que ofrecen outros sistemas de xestión de aprendizaxe.[31]

Aplicación móbil

[editar | editar a fonte]

Google Classroom é un servizo con distintas oportunidades de acceso. É posible acceder a través de iOS, Android, Windows, macOS, Chrome e practicamente desde calquera outro dispositivo que poida executar unha cancela do navegador dentro del.[32]

Está dispoñible para Android en Play Store,[33] e en iOS en App Store (iOS).[34] En ambos soportes, existe un apartado de preguntas frecuentes onde os profesores poden obter información sobre as funcións da mesma.

A aplicación para ChromeOS pódese descargar en Chrome Web Store.[35] Se no centro educativo se utiliza un dispositivo administrado por Chrome OS ou por IOS, os profesores poden acceder a Google Workspace e, desde aí, enviar a aplicación aos dispositivos dos seus alumnos.[36]

Existen a disposición do usuario moitas aplicacións educativas que poden ser combinadas con Google Classroom, a maioría delas tamén compatibles con Google Chrome, iOS e Android, como:[37]

Recibimento e críticas

[editar | editar a fonte]

E-Learning Industry fixo unha revisión con críticas positivas e negativas.[41] Entre os puntos fortes de Classroom atoparon:

  • Sinxeleza de uso.
  • Facilidade de acceso por medio de múltiples dispositivos.
  • O uso de Google Drive para compartir recursos e facilitar o traballo dos docentes.
  • Aforro de papel e procesos de impresión.
  • Retroalimentación entre profesores e alumnos.
  • Programación de tarefas a realizar e entregas con ou sen data determinada.
  • A última modificación permite o acceso con contas estándar de Google, o que facilita a integración de estudantes visitantes ou temporais.[42]

Como puntos débiles estabelecen:

  • A integración das aplicacións e servizos de Google, sen outros servizos externos.
  • A ausencia de foros ou chats.
  • Uso de Google Workspace para complementar a aplicación.
  • Presenta limitacións no seguimento da aprendizaxe do alumnado.
  • Custosa preparación de recursos e material por parte do profesorado.

Está en constante desenvolvemento. Pódese atopar no blog de Classroom unha listaxe actualizada de todas as novedades.[43] Dispón dunha guía de uso no seu sitio web.[44]

  1. "More teaching, Less tech-ing: Google Classroom Launches Today". Official Google Cloud Blog (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2017. 
  2. Perez, Sarah. "Google Expands Its Educational Platform “Classroom” With A New API, Share Button For Websites". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 5 de abril de 2017. 
  3. "Google Hit With A Student Privacy Complaint". NPR.org. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  4. Etherington, Darrell. "Google Stops Mining Education Gmail And Google Apps Accounts For Ad Targeting". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  5. Díaz Díaz, Frank Jesús (Xuño de 2017). "Requerimientos pedagógicos para un ambiente virtual de aprendizaje". soporte.catedu.es. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  6. Ximena Arias (13 de agosto de 2014). "Google Classroom, una herramienta para dictar clases en tiempo real". Blog (en español). Consultado o 8 de marzo de 2017. 
  7. Edwards, Luke (8/05/2020). "Google Classroom Review". Consultado o 15 de outubro de 2020. 
  8. Pérez e Alonso, Isabel e Ricardo (2018). "¿Qué ofrece Google Classroom?". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  9. "Ventajas y desventajas del uso de formularios de Google (junio 2020)". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  10. Batista, Alejandro Roberto (16 de febreiro de 2018). "Google Classroom: utilizando tareas y el listado automático de calificaciones" (PDF). Didáctica y TIC. Blog de la Comunidad Virtual de Práctica Docentes en Línea (4). Consultado o 15/10/2020. 
  11. Calderero Hernández, José Fernando, Aguirre Ocaña, Ana María, Castellanos Sánchez, Almudena, Peris Sirvent, Rosa María, Perochena González, Paola (2014). "Una nueva aproximación al concepto de educación personalizada y su relación con las tic". Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  12. "Novedades de Classroom". Agosto 2020. Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  13. "Classroom evoluciona con las tendencias". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  14. "G Suite For Educaction y su herramienta anti plagio". Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  15. Gómez, Jose Manuel (26/05/2020). "Google Classroom: como herramienta para la gestión pedagógica.". Mamakuna (14): 44–54. Consultado o 22/10/2020. 
  16. "Administra la enseñanza y el aprendizaje con Classroom". Consultado o 28 de outubro de 2020. 
  17. "Optimiza tu tiempo de clase con Google". Consultado o 20 de outubro de 2020. 
  18. "Bienvenidos al blog de INNEDU sobre Google Educator". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  19. Páez, Marco (2019). "Optimización del proceso pedagógico y la gestión docente: una mirada a los entornos virtuales de aprendizaje" (en español). Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  20. "Novedades de Classroom". Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  21. Kraus,, Germán; Formichella, María Marta; Alderete, María Verónica (2019). "El uso de Google Classroom como complemento de la capacitación presencial a docentes de nivel primario". Revista Iberoamericana de Tecnología en Educación y Educación en Tecnología (24): 79-99. doi:10.24215/18509959.24.e09. 
  22. 22,0 22,1 Berenguer Albaladejo, Cristina (2016). "Acerca de la utilidad del aula invertida o flipped classroom". Universidad de Alicante. Vicerrectorado de Calidad e Innovación Educativa. Instituto de Ciencias de la Educación: 4. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  23. Acebo, Mike (2013). "10 Pros And Cons Of A Flipped Classroom" (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  24. Lynch, Matthew (2018). "10 BENEFITS OF GOOGLE CLASSROOM INTEGRATION" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  25. Perdomo Rodríguez, William (2016). "Estudio de evidencias de aprendizaje significativo en un aula bajo el modelo Flipped Classroom". Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  26. Biel, Pilar; Pérez, Ester; Rodrigo, Carmen; Serrano, Ana (2017). "Desarrollo de competencias genéricas mediante flipped classroom y el uso de herramientas web 2.0 en el marco de trabajos colaborativos en educación superior" (PDF) (en español). IV Congreso Internacional sobre Aprendizaje, Innovación y Competitividad-CINAIC. Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  27. "Seis ventajas de la flipped classroom". Aula Planeta (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2020. 
  28. David Rivera. "VENTAJAS Y DESVENTAJAS" (en español). Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  29. Revista Colegio. "VENTAJAS Y DESVENTAJAS DE GOOGLE CLASSROOM". 
  30. Edwards, Luke (2020). "Google Classroom Review" (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2020. 
  31. Cavero Linares, Jonathan. "Plataforma Google Classroom". Learning and Technology - Bit4learn. Consultado o 24 de outubro de 2020. 
  32. Andre, Louie (03/06/2020). "Google Classroom Review". Consultado o 15 de outubro de 2020. 
  33. "Google Play". play.google.com. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  34. "App Store". apple.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  35. "Chrome web store". chrome.google.com (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  36. "Obtener la aplicación Classroom - Ayuda de Classroom". support.google.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2017. 
  37. "Aplicaciones que funcionan con Classroom". Consultado o 23 de outubro de 2020. 
  38. "Meet the challenge of remote and hybrid learning". Consultado o 23 de outubro de 2020. 
  39. "Gamifica tus clases". Consultado o 23 de outubro de 2020. 
  40. "Teach music to your students". Consultado o 23 de outubro de 2020. 
  41. Pappas, Christopher (20 de agosto de 2015). "Google Classroom Review: Pros And Cons Of Using Google Classroom In eLearning - eLearning Industry". eLearning Industry (en inglés). Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  42. "Google Classroom: Now open to even more learners". Google (en inglés). 15 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2020. Consultado o 5 de abril de 2017. 
  43. "What's new in Classroom - Classroom Help". support.google.com. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  44. "Classroom Help". support.google.com (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2017.