Goosebumps (filme)
Goosebumps | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Goosebumps |
Director | Rob Letterman |
Produtor | |
Guión | Darren Lemke |
Baseado en | Goosebumps de R. L. Stine |
Intérpretes | |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Javier Aguirresarobe |
Montaxe | Jim May |
Estudio | |
Distribuidora | Sony Pictures Releasing |
Estrea | CineEurope: 24 de xuño de 2015![]() |
Duración | 103 minutos[3] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | 58–84 millóns de dólares[4][5] |
Recadación | 158,3 millóns de dólares[5] |
Filme seguinte | Goosebumps 2: Haunted Halloween |
Na rede | |
http://www.goosebumps-movie.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Goosebumps é un filme estadounidense de 2015 escrito por Darren Lemke e dirixido por Rob Letterman. Baséase na serie de libros de terror infantil escritos por R. L. Stine, e conta a historia dun adolescente que tenta salvar a súa vila coa axuda de Stine logo de que tódolos monstros da franquía Goosebumps escaparan dos libros. Está protagonizado por Jack Black, Dylan Minnette, Odeya Rush, Amy Ryan, Ryan Lee e Jillian Bell.
O desenvolvemento dun filme de Goosebumps comezou en 1998, con Tim Burton como director. Logo de non conseguir determinar cal libro debía ser adaptado, o proxecto foi detido. A comezos de 2008, Columbia Pictures adquiriu os dereitos co obxectivo de crear un filme baseado en Goosebumps, e o proxecto entrou de novo en fase de desenvolvemento. A fotografía principal estendeuse dende abril até xullo de 2014 en Candler Park, Atlanta.
Goosebumps estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de outubro de 2015, por Columbia Pictures. O filme foi un éxito comercial e da crítica, que eloxiou o humor, o uso dos personaxes orixinais de Goosebumps así como as interpretacións (particularmente as de Black e Minnette)[6] e conseguiu recadar máis de 158 millósn de dólares sobre un orzamento de 84 millóns.[7] Unha secuela, titulada Goosebumps 2: Haunted Halloween, estreouse o 12 de outubro de 2018.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jack Black como R. L. Stine
- Black tamén fai as voces de Slappy the Dummy
- R. L. Stine fai un cameo como Mr. Black
- Dylan Minnette como Zachary "Zach" Cooper
- Odeya Rush como Hannah Stine
- Amy Ryan como Gale Cooper
- Ryan Lee como Champ
- Jillian Bell como Lorraine Conyers
- Halston Sage como Taylor
- Ken Marino como adestrador Carr
- Timothy Simons como Oficial Stevens
- Amanda Lund como Oficial Brooks
- Steven Krueger como Davidson
- Karan Soni como Mr. Rooney
- Kumail Nanjiani como Foreman
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Rechtshaffen, Michael (5 de outubro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "'Goosebumps': Film Review". Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ Ritman, Alex (24 de xuño de 2015). "CineEurope: Sony Unveils New 'Spectre' Footage, Joseph Gordon-Levitt Walks 'The Walk'". The Hollywood Reporter. Consultado o 29 de xuño de 2015.
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (28 de setembro de 2015). "GOOSEBUMPS [2D] (PG)". Consultado o 28 de setembro de 2015.
- ↑ FilmL.A. (15 de xuño de 2016). "2015 Feature Film Study" (PDF). Consultado o 16 de xuño de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 "Goosebumps (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 30 de outubro de 2019.
- ↑ Berkshire, Geoff (5 de outubro de 2015). Variety, ed. "Film Review: 'Goosebumps'". Consultado o 14 de outubro de 2015.
- ↑ Pamela McClintock (13 de outubro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Box-Office Preview: 'Goosebumps' Could Out-Spook 'Crimson Peak,' 'Bridge of Spies'". (Prometheus Global Media). Consultado o 14 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goosebumps ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goosebumps na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)