Gota chinesa
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Chinesische_Wasserfolter_-_Gedenkst%C3%A4tte_Berlin-Hohensch%C3%B6nhausen.jpg/220px-Chinesische_Wasserfolter_-_Gedenkst%C3%A4tte_Berlin-Hohensch%C3%B6nhausen.jpg)
A gota chinesa ou tortura da gota de auga é un método de tortura psicolóxica. Non debe ser confundida coa bota malaia, outro método de tortura que pola súa homofonía ás veces se confunde incorrectamente como "gota malaia".
Descrición
[editar | editar a fonte]Consistía en inmobilizar un reo en decúbito supino —tombado boca arriba—, de modo que caese sobre a súa fronte unha gota de auga fría cada cinco segundos.[1] Despois dalgunhas horas, o goteo continuo provocaba dano físico na súa pel, similar ao que sofren as xemas dos dedos despois dun baño de inmersión.
Pero a verdadeira tortura para a vítima era a tolemia que lle provocaría o non poder durmir, debido á constante interrupción das gotas, nin tampouco poder beber esa auga cando a sede atacase, co cal aos poucos días sobreviña a morte por paro cardíaco.
É por ese motivo que se lle coñece tamén como tortura chinesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campos & Alcaraz Varó 2008, p. 194.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campos, Miguel Ángel; Alcaraz Varó, Enrique (2008). Diccionario de términos de derechos humanos (en castelán) (1.ª ed.). Barcelona: Ariel. ISBN 9788434418332. OCLC 970521403.