Saltar ao contido

Gránulos de Schüffner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microgmetocito de Plasmodium ovale en preparación sanguínea tinguida con Giemsa, no que se sinalan os gránulos/puntos de Schüffner e o pigmento hemozoína.
Trofozoítos de P. ovale nun frotis sanguíneo. Poden verse gránulos de Schüffner.

Os gránulos de Schüffner son gránulos irregulares que se encontran en eritrocitos de preparacións hematolóxicas en casos de malaria,[1] exclusivamente en infeccións causadas polos protozoos das especies Plasmodium ovale ou Plasmodium vivax.[2]

Plasmodium vivax induce alteracións morfolóxicas nos eritrocitos infectados do hóspede, que son visibles con microscopio óptico en frotis de sangue con tinguidura Romanowsky como múltiples puntos de cor vermella ladrillo. Estes cambios morfolóxicos, denominados gránulos ou puntos de Schüffner, son importantes na identificación desta especie de parasitos da malaria e foron asociados por microscopia electrónica con complexos de caveolavesiculas no plasmalema do eritrocito.[3][4]

Reciben o seu nome en honra de Wilhelm Schüffner, que os describiu en 1904.[5]

  1. "Royal Perth Hospital - Malaria Diagnosis". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2024. 
  2. "Microscopy of Plasmodium species". 
  3. Udagama, P. V.; Atkinson, C. T.; Peiris, J. S.; David, P. H.; Mendis, K. N.; Aikawa, M. (1988). "Immunoelectron microscopy of Schüffner's dots in Plasmodium vivax-infected human erythrocytes". The American Journal of Pathology 131 (1): 48–52. PMC 1880566. PMID 3281470. 
  4. DPDx Laboratory identification of Parasites of Public Health Concern Laboratory diagnosis of malaria - Plasmodium vivax
  5. "Schuffner's+dots - Definition from Merriam-Webster's Medical Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.