Saltar ao contido

Grafton Elliot Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGrafton Elliot Smith

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1871 Editar o valor en Wikidata
Grafton, Australia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Broadstairs, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente Manchester Literary and Philosophical Society (en) Traducir
1919 – 1919 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaReino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Medicina de Sydney
St John's College (pt) Traducir
Universidade de Sydney Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, exiptólogo, arqueólogo, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity College de Londres Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Smith, Grafton Elliot, 1871-1937, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Smith-332901


Grafton Elliot Smith, nado en Grafton, Nova Gales do Sur, en 1871 e finado en Londres en 1937, foi un anatomista australiano, coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da prehistoria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse en medicina en 1895 pola Universidade de Sydney e interesouse pola anatomía do cerebro humano. Viaxou a Cambridge en 1896 e catalogou a colección de cerebros humanos do British Museum. Entre 1900 e 1909 foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de medicina do Cairo e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios X a unha momia.

En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a Nubia. En 1909, de volta ao Reino Unido, foi profesor de anatomía en Manchester, e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a primeira guerra mundial serviu en hospitais militares.

Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas.

Smith cría que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en Exipto, e cría que de aí se difundira directamente por Siria, Creta, África Oriental, sur de Arabia e Sumeria, chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura neolítica europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo Glyn Daniel como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.