Saltar ao contido

GranPurismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGranPurismo
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Cantón de Schaffhausen, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata

Carlos Abad Garrido, coñecido musicalmente por GranPurismo, é un cantante e mc de hip hop galego, nado en Schaffhausen (Suíza) en 1979.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Aínda que en contacto co hip hop dende adolescencia, non empeza a cantar ata os 17 anos cando ingresa na crew ZEST, e coa que rapea durante dous anos. Despois participa nunha antoloxía de hiphop feito en Suíza pola comunidade de emigrantes galegos e españois (Switzerland Tchorissos), onde coñece o tamén o galego Carlos Leal, de Sens Unik, e co que fai a primeira gravación, un maxi titulado Más y más, que vende un milleiro de copias. En 2001 xuntáse co grupo español Violadores del verso co que grava un tema ('Suizaragoza'), para o disco "Vicios y virtudes".

En 2007 presentou o seu primeiro álbum, The Mixtape. Na actualidade forma parte da crew SHS Crew.

Canta en español e en galego.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Aínda que ten realizados diversos traballos de colaboración don artistas da escena hiphopeira suíza e española, o seu único álbum en solitario é

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A súa familia é de Pardeconde (Esgos), onde pasou boa parte dos veráns da súa infancia, como relata na súa canción Pardeconde (2007).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]