Gran Premio da India
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | deportes de motor |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Buddh (Greater Noida (pt) ) 28°21′02″N 77°32′06″L / 28.3506, 77.535 |
Lonxitude | 5,137 km |
País | India |
Vixencia | 2011 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Outro | |
Páxina web oficial | indian-grand-prix.com… |
O Gran Premio da India foi unha carreira de Fórmula Un celebrada no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida, Uttar Pradesh, India. A primeira carreira celebrada o 30 de outubro de 2011, foi gañada polo alemán Sebastian Vettel. A nova pista foi oficialmente homologada o 1 de setembro de 2011. Jaypee Sports International Limited é o organizador da carreira de Fórmula Un na India e asinou un contrato de cinco anos con Formula One Management (FOM) para acoller o campionato na India. Pero en agosto de 2013, a FIA anunciou a suspensión do Gran Premio da India.
Historia
[editar | editar a fonte]Xa en 1997, houbo plans para albergar un Gran Premio da India en Calcuta.
En 2003, a India tiña só dúas circuítos permanentes, un en Chennai (Irungattukottai) e o Kari Memorial Speedway en Coimbatore. Nese momento foron propostos dous lugares de (2´4 km²) nos arredores do aeroporto de Bangalore. Ademais, no estado de Andhra Pradesh, o xefe do goberno Chandrababu Naidu reservou 6´1 km² de terra cerca do aeroporto de Hyderabad. Vicky Chandhok, pai da Karun Chandhok, declarou nunha entrevista que "Andhra Pradesh realmente esta apostando como ningún outro estado! É xenial ver a un ministro xefe de apostar tan duro. Bangalore é un gran lugar debido principalmente polo seu clima". En decembro de 2003, houbo un pre-acordo para organizar o Gran Premio en Hyderabad, asinouse en 2007. A pista íase a construírse preto do pobo de Gopanapally, nos arredores de Hyderabad, e consistía en 5¨53 km² de superficie. Con todo, en 2004 apareciu a competencia de Mumbai, para cambiar a pista a Mumbai en lugar de Hyderabad.
Bernie Ecclestone dono da F1 esperaba que a India acollese un Gran Premio en tres anos, pero ao final ningún destes proxectos levouse adiante, posiblemente debido á lexislación antitabáquica, e a un cambio na política do goberno
Ambos os proxectos foron declarados "mortos" no segundo semestre de 2004, cando o goberno de Bombai decidiu "non perder o diñeiro no fume dos coches mentres que hai temas máis serios", e a localización de Hyderabad converteuse nun parque de TI para empresas de tecnoloxía
A partir de 2007, cinco lugares competiron na carreira por albergar o Gran Premio da India: Bangalore, o distrito de Gurgaon no estado de Haryana, un circuíto permanente nalgún lugar preto de Nova Deli, un circuíto urbano en Nova Deli, segundo o proposto por Vijay Mallya, e un lugar en Lucknow, Uttar Pradesh.
Tras meses de negociacións, a Asociación Olímpica India (IOA) e Bernie Ecclestone anunciaron en xuño de 2007 un acordo provisional para que a India acollera o seu primeiro Gran Premio Na tempada 2009 de F1. A pista construiríase en Gurgaon, por recomendación do arquitecto Hermann Tilke.
Pero, en setembro de 2007, o IOA, anunciou que a primeira carreira tería lugar en 2010 no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida. Logo de máis avaliacións, Bernie Ecclestone, anunciou en setembro de 2008 que o Gran Premio da India atrasouse a 2011.
Finalmente a carreira de F1 india disputouse o 30 de outubro de 2011 sendo a carreira número 17 do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011.
Controversia
[editar | editar a fonte]Para construír o circuíto, foron compradas as terras duns trescentos campesiños polo goberno do estado. Con todo, en agosto de 2011 - tres meses antes da carreira inaugural - os agricultores en cuestión expresaron a súa insatisfacción co proxecto e ameazaron con desmantelar o circuíto "pola forza se é necesario", esixindo máis diñeiro e dicindo que sentían que a terra debería ser utilizada para construit polígonos industriais e xerar máis emprego na zona.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|
2013 | Sebastian Vettel | Red Bull - Renault | Buddh | Resultados |
2012 | Sebastian Vettel | Red Bull - Renault | Buddh | Resultados |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull - Renault | Buddh | Resultados |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Últimas fotos do GP da India – Circuíto Internacional de Buddh Arquivado 05 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- Latest Events Photos - Lewis Hamilton pilotando en Bangalore Arquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
- Gran Premio da India Airtel Noticias e actulizacións
- Videos: Últimos avances na construción do Circuíto da India Arquivado 29 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
- Formula1.com
- Deseño e información do circuíto do Gran Premio da India Arquivado 22 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
- Acordo sobre o Gran Premio da India – BBC News