Gran Premio de Suráfrica de 1967
Nome oficial | 1st AA Grand Prix of South Africa |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1967 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Kyalami (Midrand (en) ) 25°59′53″S 28°04′08″L / -25.99803, 28.06892 |
País | Suráfrica |
Data | 2 de xaneiro de 1967 |
Competición | |
Primeiro posto | Pedro Rodríguez de la Vega |
Pole position | Jack Brabham |
Volta máis rápida | Denny Hulme |
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1967, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 2 de xaneiro de 1967.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Foi utilizado por vez primeira, o Circuíto de Kyalami preto de Johannesburgo. Houbo algúns cambios de pilotos: John Surtees pilotou para Honda, Mike Spence asinara por BRM, mentres que Pedro Rodríguez estaba a proba por Cooper. Denny Hulme mantivo a Jack Brabham a distancia desde o principio, pero o australiano pronto trompeou, deixando o segundo lugar a Surtees, pero na volta 21 logrou recuperar o segundo posto. Máis abaixo, o corredor privado local John Love estaba correndo con grande éxito, chegando ata a terceira posición nun Cooper Clímax de 4 cilindros. Na volta 41, Brabham retirouse, e Dan Gurney na volta 44. Na volta 59, Hulme tivo que entrar en boxes para botar máis líquido de freos, dándolle unha vantaxe sensacional a Love, pero a só sete voltas do final tivo que entrar aos pits para recargar máis combustible. Rodríguez logrou unha moi boa vitoria para Cooper, Love foi segundo e Surtees terceiro.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 4 | Pedro Rodríguez | Cooper-Maserati | 80 | 2:05:45.9 | 4 | 9 |
2 | 17 | John Love | Cooper-Climax | 80 | + 26.4 | 5 | 6 |
3 | 11 | John Surtees | Honda | 79 | + 1 volta | 6 | 4 |
4 | 2 | Denny Hulme | Brabham-Repco | 78 | + 2 voltas | 2 | 3 |
5 | 14 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 78 | + 2 voltas | 10 | 2 |
6 | 1 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 76 | + 4 voltas | 1 | 1 |
NC | 19 | Dave Charlton | Brabham-Climax | 63 | Non clasificado | 8 | |
NC | 20 | Luki Botha | Brabham-Climax | 60 | Non clasificado | 17 | |
Ret | 18 | Sam Tingle | LDS-Climax | 56 | Accidente | 14 | |
Ret | 16 | Piers Courage | Lotus-BRM | 51 | Sistema combustible | 18 | |
Ret | 9 | Dan Gurney | Eagle-Climax | 44 | Suspensión | 11 | |
Ret | 12 | Jo Siffert | Cooper-Maserati | 41 | Motor | 16 | |
Ret | 3 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 38 | Motor | 7 | |
Ret | 6 | Mike Spence | BRM | 31 | Fuga aceite | 13 | |
Ret | 15 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 30 | Motor | 12 | |
Ret | 7 | Jim Clark | Lotus-BRM | 22 | Motor | 3 | |
Ret | 8 | Graham Hill | Lotus-BRM | 6 | Accidente | 15 | |
Ret | 5 | Jackie Stewart | BRM | 2 | Motor | 9 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Derradeira vitoria de Cooper na Fórmula 1.
- Primeiro Gran Premio de F1 para Piers Courage, aínda que xa competira nun coche de F2 no Gran Premio de Alemaña de 1966.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1967 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 2008-01-16.
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1967 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1967 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1966 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1968 |