Granulomatose broncocéntrica
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A granulomatose broncocéntrica (GB) é unha doenza que consiste nunha reacción granulomatosa inflamatoria e necrotizante do epitelio bronquial de arredor dos bronquios e bronquíolos. Representa unha doenza englobada dentro do tipo das eosinofilias pulmonares. É unha enfermidade pouco frecuente e de etioloxía descoñecida, denominándoselle moitas veces tamén granulomatose broncocéntrica idiopática. En proporción afecta tanto a homes como a mulleres de igual xeito[1]. Porén, en pacientes asmáticos (aproximadamente un 50% do total), considérase que a etioloxía é unha reacción de hipersensibilidade fronte a antíxenos fúnxicos intrabronquiais[2], posibelmente Aspergillus. En doentes sen asma, a GB vinculouse con outras doenzas autoinmunes e infecciosas, entre elas a artrite reumatoide, a tuberculose, a equinococose, a histoplasmose, a coccidiomicose e a nocardiose[3].
O diagnóstico establécese mediante biopsia e mediante radioloxía, onde ofrece unha imaxe de masa tumoral. Ademais da asma, é frecuente que os pacientes con GB presenten asperxilose broncopulmonar alérxica (ABPA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bronchocentric Granulomatosis". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ Granulomatosis broncocéntrica asociada a hidatidosis pulmonar; D. Hardissona, M. Nistal y M. Casillas.
- ↑ Harrison Principios de Medicina Interna, 17a edición; Cap. 255: Doenzas pulmonares intersticiais; Talmadge E. King, jr.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |