Granxa de Barreiros
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Granxa de Barreiros | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | granxa escola ![]() | |||
Personalidades | ||||
Fundador/a | Antonio Fernández López ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1948 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Sarria | |||
Parroquia | Ortoá ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | granxadebarreiros.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Granxa de Barreiros é un proxecto pedagóxico creado en 1948 por Antonio Fernández López (o maior dos fillos de Antón de Marcos) en Barreiros, na parroquia de Ortoá (Sarria).
Historia
[editar | editar a fonte]A intención do empresario e filántropo lugués era crear unha escola de orientación agraria para mestres, de forma que integrasen a cultura galega e os ciclos da natureza na formación escolar. Tamén quería promover a creación de hortas escolares nas escolas públicas da provincia. O proxecto e os edificios da granxa foron deseñados polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.
O seu primeiro director foi Avelino Pousa Antelo, que antes da guerra civil fora membro das Mocedades Galeguistas, facendo unha forte campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936. Profundamente agrarista e cooperativista, en 1946 obtivera unha bolsa na Misión Biolóxica de Galicia que dirixía Cruz Gallástegui Unamuno en Salcedo (Pontevedra).
Desde 1948 até a súa morte a institución foi sostida por Antonio Fernández López. Na actualidade segue a funcionar, plenamente integrada nos plans educativos promovidos polo Colexio Fingoi de Lugo. Está xestionada polo Instituto Galego de Educación Medioambiental A Ponticela, baixo a dirección de Siña Fernández Puentes, filla do fundador.