Saltar ao contido

GraphQL

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


GraphQL é unha linguaxe de consulta de APIs creada por Facebook en 2012 e liberado en 2015.

Características[editar | editar a fonte]

É unha alternativa a REST que usa un sistema forte de tipos para describir as funcionalidades dunha API. GraphQL describe os recursos mediante un esquema (escrito nunha linguaxe propia chamada SDL) que define:

  • Tipos de datos e as relacións entre eles.
  • Unha serie de operacións, entre as que destacan as Consultas (Queries) para a lectura de datos, e os Modificadores (Mutations) para crear, modificar e borrar datos, os solucionadores (Resolvers) e os manexadores de erros.

Tipos[editar | editar a fonte]

Definen as entidades a consultar ou modificar, os seus atributos e as relacións con outros tipos. En SDL identifícanse pola palabra type:

type Query {
  hero: Character
}
 
type Character {
  name: String
  friends: [Character]
  homeWorld: Planet
  species: Species
}
 
type Planet {
  name: String
  climate: String
}
 
type Species {
  name: String
  lifespan: Int
  origin: Planet
}

[1]

Operacións[editar | editar a fonte]

As operacións (consultas e modificadores) tamén son tipos, e os seus atributos declaran as operacións dispoñibles. Así que ó realizar unha consulta débese especificar os atributos de retorno. A vantaxe de GraphQL é que se pode navegar pola información asociada á consulta, o que proporciona maior flexibilidade á hora de definir APIs.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GraphQL | A query language for your API". graphql.org. Consultado o 2020-12-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]