Gravata de lazo
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Striped_bow_tie.jpg/220px-Striped_bow_tie.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Pontevedra_65-11a%2C_r%C3%BAa_Laranxo.jpg/220px-Pontevedra_65-11a%2C_r%C3%BAa_Laranxo.jpg)
Unha gravata de lazo, ou unicamente lazo, ás veces gravata bolboreta[1], é un accesorio de moda tipicamente masculino alternativo á mais difundida gravata. Pode ser de diversos materiais, como seda, algodón, la, e até madeira, entre outros.
Orixe[editar | editar a fonte]
Durante a guerra dos 30 anos os croatas levaban un pano anoado ao pescozo. Gravata é unha derivación do francés cravata [2], palabra derivada do serbocroata Hrvat.
Na cultura popular[editar | editar a fonte]
Esta peza de roupa é de uso moi esporádico. Úsase en fracs e traxes de gala maiormente, tamén en hostalaría e espectáculos diversos. Como peza exaxerada é común no vestiario dos pallasos. É parte do vestiario de James Bond. Era unha peza habitual levada por Castelao, quen adoita ser representado en debuxos e estatuas con ela, tamén por el mesmo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kilts : Gravata Bolboreta en Tartan Gallaecia". tendagaliza.com. Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "CORBATA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-01-27.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gravata de lazo ![]() |