Gregorio Colmenero Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 La Felguera, España |
Morte | 20 de abril de 1949 (25/26 anos) O Piricallo, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Gregorio Colmenero Fernández, coñecido como Porreto, nado en La Felguera[1] en 1923 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1942 aparece na guerrilla baixo as ordes de Mario Rodríguez Losada. A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 milicianos do destacamento e enlaces foron rodeados en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Produciuse un combate que tivo como resultado a súa morte xunto a doutros tres guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", e Julián Acebo Alberca "Guardiña".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Algunhas fontes afirman que naceu en Ribas de Sil
- ↑ La delación de un familiar causó hace 72 años la caída de los maquis de Repil
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 51–52. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gregorio Colmenero Fernández "O Porreto" Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.