Gregorio III Laham
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1933 ![]() Damasco, Siria ![]() |
Patriarca católico grego melquita | |
29 de novembro de 2000 – 6 de maio de 2017 ← Máximo V Hakim – Xosé I Absi → | |
Bispo diocesano | |
29 de novembro de 2000 – 6 de maio de 2017 ← Máximo V Hakim – Xosé I Absi → Diocese: Melkite Catholic Archeparchy of Damascus (en) ![]() | |
Arcebispo titular | |
9 de setembro de 1981 – Diocese: Tarsus dei Greco-Melkiti (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Siria ![]() |
País de nacionalidade | Siria ![]() |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica greco-melquita ![]() |
Educación | Pontificio Instituto Oriental ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristianismo oriental, Christian spirituality (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | bispo católico (1981–), sacerdote católico (1959–), presbítero greco-católico , escritor , sacerdote católico ![]() |
Lingua | Árabe e lingua francesa ![]() |
Orde relixiosa | Basilian Salvatorian Order (en) ![]() ![]() |
Consagración | Máximo V Hakim ![]() |
Gregorio III Laham (en árabe: غريغوريوس الثالث لحام), nado en Daraya (Siria) o 15 de decembro de 1933, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa Católica Greco-Melquita e bispo da Damasco dende o 29 de novembro de 2000 até a súa renuncia o 6 de maio de 2017.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Laham naceu en Daraya, preto de Damasco, Siria, o 15 de decembro de 1933. O 15 de febreiro de 1959 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana do Santísimo Salvador.
En 1975 foi nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén. O 9 de setembro de 1981 foi nomeado arcebispo titular de Tarso dos greco-melquitas. Recibiu a consagración episcopal o 27 de novembro, de mans do patriarca Máximo V Hakim.
En 1992, coa elevación da sé de Xerusalén, foi nomeado exarca patriarcal da mesma, e cando novamente foi elevada en 1998 converteuse en protosyncellus de Xerusalén.
O 29 de novembro de 2000 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco. O papa Xoán Paulo II concedeulle o 5 de decembro a comuñón eclesiástica. Retirouse o 6 de maio de 2017.