Grosularia
Grosularia | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | Ca3Al2(SiO4)3 |
Clase | Silicato |
Subclase | Nesosilicato |
Sistema cristalino | Cúbico, Isométrico |
Cor | De parda a incolora, gris, verde, amarelo |
Brillo | De vítreo a resinoso |
Dureza | 6,5 - 7 (escala de Mohs) |
Fractura | Subconcoidal |
Raia | Branca pardusca |
Densidade | 3,57 g/cm³ |
A grosularia ou grosularita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo nesosilicatos e dentro destes é un granate pola típica forma isométrica dos seus cristais, con 12 ou 24 caras trapezoidais. É un silicato de calcio e aluminio, de cor normalmente esbrancuxada ou alaranxada.
O nome deriva do latín grossularia, que significa grosella, chamada así pola redondez dos seus cristais que ademais se presentan en grupo similares a acios destes froitos.
Sinónimos pouco usados deste mineral son colofonita, ernita, olyntholita, tellemarkita, viluita e wilouita.
Ambiente de formación
[editar | editar a fonte]Normalmente fórmase a partir de rochas calcarias, ou sedimentarias silíceas, sometidas a metamorfismo de contacto pola proximidade dunha cámara magmática. Tamén se pode formar por metamorfismo rexional.
Algúns minerais asociados son mica, clorita, diópsido, calcita e serpentinita.
A variedade hesonita (de cor verde) atópase tamén entre as rochas metasomáticas enriquecidas en calcio.
Localización, extracción e usos
[editar | editar a fonte]Atopáronse importantes depósitos deste granate en Asbestos (Canadá), México, Kenya, Italia e Sri Lanka.
A variedade sosolita procede de Morelos e Chihuahua (México) e a variedade hesonita de Tanzania e Kenya.
É un mineral que se comercializa como xema, tallando os cristais puros e de bela cor. Son xemas de grandes cualidades a pesar de ser pouco coñecidas no mercado. Os mellores exemplares son moi codiciados por coleccionistas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grosularia |