Grupo 7
Grupo 7 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Grupo 7 |
Director | Alberto Rodríguez Librero |
Guión | Rafael Cobos Alberto Rodríguez |
Intérpretes | Mario Casas Antonio de la Torre José Manuel Poga Joaquín Nuñez |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures Intl. España. |
Estrea | 4 de abril de 2012 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense policíaco |
Na rede | |
http://www.lzproducciones.com/sinopsis.php?iicc=1&iiccs=22 | |
Grupo 7 é un filme español de xénero policíaco, dirixida por Alberto Rodríguez Librero e estreada o 4 de abril de 2012. Está rodada integramente en Sevilla.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Para o Grupo 7 non existe a delgada liña que separa os recursos pouco éticos dos abertamente ilegais. O seu modus operandi: violencia, coaccións, mentiras, e medias verdades... todo vale.
Grupo 7 compóñeno: Ángel (Mario Casas), un novo aspirante a inspector, intelixente e compasivo, Rafael (Antonio de la Torre) un policía expeditivo, contundente e arrogante, Miguel (José Manuel Poga) e Mateo (Joaquín Núñez) que son os retranqueiros do Grupo e capaces das maiores brutalidades, pero tamén de inesperadas mostras de tenrura.
Entre Ángel e Rafael xurdirá unha estraña comprensión e terminarán parecéndose o un ao outro máis do que imaxinasen nunca. Ángel transita, cada vez con máis soltura, polo camiño da ambición e dos excesos policiais, mentres que algo no interior de Rafael transfórmase grazas ao amor inesperado da bela e enigmática Lucía. O xogo de traizóns, lealdades e sentimentos complicarase a medida que o Grupo 7 acumula éxitos e condecoracións.
O seu obxectivo é limpar de droga as rúas de Sevilla nos anos previos á inauguración da Expo 92.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Antonio de la Torre é Rafael.
- Mario Casas é Ángel.
- Joaquín Núñez é Mateo.
- José Manuel Poga é Miguel.
- Julián Villagrán é Joaquín.
- Inma Cuesta é Elena.
- Lucía Guerrero é Lucía.
- Estefanía de los Santos é La Caoba.
- Pedro Cervantes é Eulogio.
- Alfonso Sánchez é Amador.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidata | |
Mellor director | Alberto Rodríguez Librero | Candidato |
Mellor actor protagonista | Antonio de la Torre | Candidato |
Mellor actor secundario | Julián Villagrán | Gañador |
Mellor actriz revelación | Estefanía de los Santos | Candidata |
Mellor actor revelación | Joaquín Núñez | Gañador |
Mellor guión orixinal | Alberto Rodríguez Librero Rafael Cobos López |
Candidatos |
Mellor música orixinal | Julio de la Rosa | Candidato |
Mellor fotografía | Álex Catalán | Candidato |
Mellor montaxe | José M. G. Moyano | Candidato |
Mellor dirección artística | Pepe Domínguez del Olmo | Candidato |
Mellor dirección de produción | Manuela Ocón | Candidata |
Mellor deseño de vestiario | Fernando García | Candidato |
Mellor maquillaxe e peiteado | Yolanda Piña | Candidata |
Mellor son | Daniel de Zayas Ramírez Nacho Royo-Villanova Pelayo Gutiérrez |
Candidatos |
Mellores efectos especiais | Juan Ventura | Candidato |